Sonia Castiñeiras Neira, nada en Bilbao o 14 de abril de 1976, é unha actriz galega.

Traxectoria Despois de participar na fundación da compañía de teatro Tacón Teatro, coa que interpretou papeis en "Banalidades Ováricas" e en Os vellos non deben de namorarse comezou a traballar para a televisión ao representar un papel principal (Leonor) na serie da Televisión de Galicia, Rías Baixas, nas tempadas de 2000 a 2005.

Ao seu remate participou nunha produción de ficción en formato cine para televisión para o Institut de Cinema Catalá, Música secreta, dirixida por Joan Mallarach. Completou a súa actividade nos anos seguintes intervindo puntualmente noutras series de televisión, como A vida por diante, en anuncios, curtametraxes ou vídeos musicais. Na primavera do 2008, incorpórase o elenco da serie Libro de familia (TVG)Sonia Castiñeiras: "En 'Libro de familia' todos quieren lo que hacen" , El Correo Gallego, 12/9/2008, para encarnar a personaxe de Maribel.

Notas

Categoría:Actores de Galicia Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1976