Bajocero é un filme español de 2021 dirixido por Lluís Quílez, escrito por Fernando Navarro e Lluís Quílez. Está protagonizado por Javier Gutiérrez, Karra Elejalde, Luis Callejo e Patrick Criado.
Netflix reportou que o filme foi visto por máis de 47 millóns de contas no primeiro mes de estrea no servizo en liña.
Sinopse Nunha fría noite de inverno, nunha estrada no medio do nada, un furgón policial blindado é asaltado durante o traslado duns presos. Alguén está buscando un preso do seu interior. Martín, o policía condutor do furgón, consegue pecharse dentro do cubículo blindado xunto cos reclusos. Obrigado a entenderse cos seus inimigos, Martín ten que sobrevivir e cumprir co seu deber nunha longa noite na que se porán a proba mesmo os seus principios.
Personaxes
Javier Gutiérrez como Martín Karra Elejalde como Miguel Luis Callejo como Ramis Andrés Gertrúdix como Golum Isak Férriz como Montesinos Édgar Vittorino como Rei Miquel Gelabert como Pardo Florin Opritescu como Mihai Patrick Criado como Nano Carla Chiorazzo como Bárbara Eva Manjón como Elena Ángel Solo Marc Padró Jon Rod Àlex Monner como Chino (colaboración especial)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina oficial
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Morena Films