Michaela Ewuraba Boakye-Collinson, nada o 1 de outubro de 1987 en Londres, é unha actriz, guionista, directora, produtora e cantante británica máis coñecida profesionalmente como Michaela Coel.

Acadou recoñecemento por ser a creadora e a protagonista da serie de televisión da E4 Chewing Gum (2015–2017), coa que gañou o BAFTA á mellor actuación feminina en comedia; e tamén pola serie da BBC One/HBO I May Destroy You (2020), pola que gañou o British Academy Television Awards á mellor actriz en 2021 e acadou catro candidaturas aos Premios Primetime Emmy.

Tamén é coñecida polo seu traballo noutras producións de Netflix, entre as que se inclúen Black Mirror (2016–2017), Black Earth Rising (2018) e o filme Been So Long (2018).

Filmografía Cinema Ano Título Personaxe Notas2014National Theatre Live: MedeaEnfermeira2014Monsters: Dark ContinentKelly2017Star Wars: The Last JediResistance Monitor2018Been So LongSimone2022Black Panther: Wakanda Forever

Televisión Ano Título PersonaxeNotas 2013 Top Boy Kayla 2 episodios 2013 Law & Order: UK Criada Episodio: "Paternal" 2015 London Spy Xornalista Episodio: "Strangers" 2015–2017 Chewing Gum Tracey Gordon Protagonista; tamén creadora, guionista e produtora 2016 The Aliens Lilyhot Protagonista 2016 Black Mirror Airline Stewardess Episodio: "Nosedive" 2017 Black Mirror Shania Lowry Episodio: "USS Callister" 2018 Black Earth Rising Kate Ashby Protagonista 2019 RuPaul's Drag Race UK Convidada (xurado) Episodio: "Family That Drags Together" 2020 I May Destroy You Arabella Essiedu Protagonista; tamén creadora, guionista e produtora

Teatro Ano Título Personaxe Localización2013 Three Birds Tiana Bush Theatre HomeNai / Portugal Royal National Theatre Chewing Gum Dreams Tracey Gordon Royal Exchange Theatre 2014 Blurred Lines Michaela Royal National Theatre Home (Revival)Nai / PortugalRoyal National Theatre Chewing Gum Dreams Tracey Gordon Royal National Theatre Medea Enfermeira Royal National Theatre

Discografía EP 22 May (2007) LPs Fixing Barbie (2009) We're the Losers (2011)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Británicos de ascendencia ghanesa Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Londres Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Guionistas do Reino Unido Categoría:Produtores de televisión Categoría:Directores de cinema do Reino Unido