Para o actual equipo da Liga ACB, véxase Bilbao Basket. O Club Baloncesto Caja Bilbao foi un club de baloncesto español con sede na cidade de Bilbao, País Vasco. Fundado no ano 1983, xogou cinco temporadas na Liga ACB antes de desaparecer en 1994. Este equipo non debe confundirse co Bilbao Basket, equipo que representa á cidade actualmente na ACB. O Caja Bilbao xogaba os seus encontros como local en La Casilla, pavillón con capacidade para 5 200 espectadores.

Historia O Club Baloncesto Caja Bilbao foi fundado en 1983, volvendo situar a Bilbao na elite do baloncesto, como xa fixeran anteriormente o Club Águilas e o KAS Bilbao. Catro anos despois da súa fundación, logrou unha praza na entón recentemente creada Liga ACB, na que se mantería entre 1986 e 1991. Tras descender á Primeira B, en 1994 logrou de novo o ascenso á máxima categoría. Porén, non se materializaría debido á falta de apoio económico que recibiu o conxunto. Esta sitaución, entre outras cousas, levou á desaparición do club.

Xogadores Destacados

José Manuel Cabezudo Román Carbajo Jota Davalillo Chinche Lafuente Ferran López Juanma López Iturriaga Toñín Llorente Wallace Bryant Joe Kopicki Darrell Lockhart Eugene McDowell Mark Simpson

Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do Caja Bilbao na súa etapa na Liga ACB. José Antonio Figueroa (1986−1988) Paco Garrido (1988−1989) Jesús Codina (1989−1991) Manu Moreno (1991)

Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copas1984–85 21ª División B 4º 17–9 1985–86 21ª División B2º 20–8 1986–87 1ACB 9º 13–18SemifinalistaCopa Príncipe 1987–88 1ACB 12º 15–15 Copa Príncipe 1988–89 1ACB 11º 17–24Oitavos de final1989–90 1ACB 15º 16–13Oitavos de final1990–91 1ACB23º 15–28Primeira rolda1991–92 21ª División 9th 21–15 1992–93 21ª División 3º 32–12 1993–94 21ª División1º 37–13

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Peril do Caja Bilbao en Proballers

Caja Bilbao Categoría:Deporte en Bilbao