Punta Prima é unha localidade turística do municipio de Sant Lluís, no extremo sueste da illa balear de Menorca. Segundo datos do INE, en 2019 contaba con 436 habitantes.

Localización O lugar está a 5 km ao sur de Sant Lluís e fronte a el pódese divisar a illa de l'Aire e o seu faro.

Atractivos turísticos A praia homónima é de area fina e ten unha lonxitude duns 150 m e uns 30 metros de ancho. Pola súa area branca tamén se coñecía como "Sandy Bay" durante a época de dominio británico sobre a illa. A torre de Son Ganxo, é unha torre de defensa de finais do século XVIII que agora está xestionada polo Institut de la Joventut de Menorca (INJOVE).

Categoría:Sant Lluís