miniatura|250px|Localización da rexión de Sindh, en Paquistán. miniatura|250px|Bandeira dos nacionalistas sindhis. O nacionalismo sindhi (en ) é un movemento nacionalista que xurdiu no ano 1972 co obxectivo de separarse de Paquistán. Despois de que Bangladesh acadara a independencia no ano 1971, G. M. Syed deulle unha nova dirección ao nacionalismo e fundou Jeay Sindh Mahaz en 1972 e presentou a idea do Sindhudesh; unha nación separada para os sindhis. G. M. Syed é considerado como o fundador do nacionalismo sindhi moderno. Porén, o nacionalismo sindhi está moi dividido.
Independencia de Sindh As demandas do movemento nacionalista sindhi abranguen dende maiores dereitos culturais, económicos e políticos, até a autonomía política e a secesión total de Paquistán, e a creación dun estado independente coñecido como Sindhudesh. O movemento foi fundado por G. M. Syed en 1972 para separar Sindh de Paquistán. Os separatistas sindhis coidan que o pobo sindhi sofre de privacións por parte da maioría panxabí de Paquistán. En 1972, G. M Syed, considerado como o fundador do nacionalismo sindhi formou a organización Jeay Sindh Mahaz. Posteriormente, JSM dividiuse en moitas faccións. As dúas correntes políticas máis salientables do nacionalismo sindhi son Jeay Sindh Qaumi Mahaz e Jeay Sindh Muttahida Mahaz, que cren na loita política.
Notas
Categoría:Nacionalismo sindhi