Eudald Calvo i Català, nado en Argentona o 17 de xaneiro de 1986, é un político catalán que foi alcalde de Argentona entre 2015 e 2020.
Traxectoria Na lexislatura 2011-2015 fora concelleiro no concello de Argentona e no Consello Comarcal do Maresme pola CUP. Ademais, foi vicepresidente segundo da Asociación de Concellos pola Independencia. Na seguinte lexislatura, foi elixido alcalde xa que a CUP foi a segunda forza máis votada con 1.023 votos. A primeira forza foi Tots per Argentona con 1517 votos. Calvo foi investido grazas aos votos de ERC, PSC e ICV.
Nas eleccións de 2019, presentouse como cabeza de lista da candidatura de Unitat, que contou co apoio das seccións locais da CUP, ERC e Comuns; así como o ANC e o CDR do concello. A candidatura obtivo 2.560 votos e oito concelleiros, ao converterse na primeira forza por diante de TXA, PSC, PP e JXCAT. Durante o pleno de investidura conseguiu revalidar a alcaldía grazas á abstención de JXCAT.
O 3 de marzo de 2020, dimitiu como alcalde, recoñecendo as acusacións de actitudes machistas que aparecían nas redes. En decembro de 2019, a CUP sacouno da organización despois de non abandonar o cargo de alcalde ao recibir previamente a comisión feminista da CUP denuncia dun caso diferente de actitudes machistas. Así, entre decembro de 2019 e a súa dimisión en marzo de 2020 ocupou a alcaldía de Argentona como independente continuando a súa condición de membro da Unidatat Argentona per la República, xunto coa CUP, ERC, Comuns, ANC e CDR. En marzo de 2020, tamén foi expulsado do partido independentista e socialista Poble Lliure.
Notas
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Políticos da CUP