Fusos horarios en Europa300px Azul Horario de Europa Occidental Horario de verán de Europa Occidental (UTC+0 / UTC+1)Azul ClaroHorario de Europa Occidental (UTC+0)Vermello Hora Central Europea Hora Central Europea de verán (UTC+1 / UTC+2) Vermello claro Hora Central Europea (UTC+1)Amarelo Horario do Leste Europeo Horario de verán do Leste Europeo (UTC+2 / UTC+3) Laranxa Horario de Kaliningrado (UTC+3)Verde Horario de Moscova (UTC+4). O tempo central europeo de verán é a hora que se aplica na maior parte de Europa durante o verán. Equivale a 2 horas máis có UTC. A forma abreviada para referirse a esta hora é CEST (sacada das iniciais tal coma son escritas en inglés: Central European Summer Time). Tamén se usan outros nomes e acrónimos para referirse a el: por exemplo EST (Tempo Europeo de Verán).
Este horario de verán aplícase dende as 01:00 UTC do último domingo de marzo, ata as 01:00 UTC do último domingo de outubro. No domingo de marzo adiántanse os reloxos unha hora ás 2:00 da mañá (ese día terá 23 horas), e no domingo de outubro atrásase unha hora ás 3:00 da mañá (que pasarán a ser as 02:00), así que ese día durará 25 horas.
Durante o inverno aplícase o CET (tempo central europeo).
Véxase tamén Ligazóns externas Rel Decreto 236/2002, do 1 de marzo, no que se establece o horario de verán
Categoría:Cronometría Categoría:Europa