四catro死morteMandarín Cantonéssei3sei2Wu (Shanghainés)sy2sy2,shi2HakkasisiMin Nan (Hokkien taiwanés)sì,sùsi,súVietnamitatứtửXaponésshishiCoreanosasa A tetrafobia é a aversión ao número catro. É moi común no leste de Asia, especialmente en países como a República Popular da China, o Xapón, a península de Corea, a República Socialista de Vietnam e Taiwán, e tamén no sueste asiático.
Probabelmente ten a súa orixe nunha simple coincidencia lingüística. A palabra chinesa que designa o catro (四, pinyin: sì), ten un son moi parecido á palabra morte (死, pinyin: sǐ). As palabras sino-xaponesa (四, shi), sino-coreana (사, sa) e sino-vietnamita (tứ) para o catro soan idénticas á palabra morte en cadansúa lingua. Por este motivo, en xaponés é preferíbel a lectura nativa yon para o catro.
Cómpre especial tino para evitar o número catro nos días festivos ou cando un membro da familia está doente, especialmente na cultura chinesa. Igualmente, os números 14, 24 e sucesivos son evitados pola presenza do catro. Nestes países, o catro adoita evitarse en hoteis ou hospitais. Nos casamentos ou eventos similares, as mesas co número 4 acostúmanse deixar de lado. En moitos complexos residenciais os números 4, 14, 24 etc. son substituídos por 3a, 13a, 23a etc. En Taiwán, a tetrafobia é tan común que non hai 4 nin números que o conteñan en enderezos, matrículas de automóbiles e practicamente en ningures. dereita|miniatura|288x288px|Botóns dun ascensor nun complexo residencial de Xangai no que faltan os andares 4, 13 e 14. Na China tamén se observa este feito nos nomes de avións militares, pois sempre empezan co número cinco, como no caza «Shenyang J5». En cidades onde se mesturan as culturas do leste e a do oeste, como Hong Kong ou Singapur, é común que nalgúns edificios non existan o piso 13 nin o 14, nin tampouco os que conteñen o catro. Exemplos na cidade de Hong Kong son os edificios Vision CityPlano de planta de Vision City ou The ArchPlano de planta de The Arch, que non teñen os pisos do 40 a 49.
En Corea, a tetrafobia é menos extrema, pero o piso 4 evítase nos hospitais e edificios públicos. Noutros, o cuarto piso xeralmente indícase nos ascensores coa letra "F", do inglés four (catro). As vivendas que conteñen este número varias veces (como o 404) xeralmente son evitadas até un extremo que mesmo fai desvalorizar a propiedade.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Triscaidecafobia Hexakosioihexekontahexafobia
Categoría:Cultura do Xapón Categoría:Cultura da China Categoría:Numeroloxía Categoría:Crenzas e supersticións Categoría:Fobias