Non confundir con: Manuel Rodríguez Fernández
Juan Manuel Rodríguez Fernández,Nalgunha fontes aparece como Manuel Rodríguez Fernández coñecido como Chato ou Marrolo ou Barrolo, nado en Cabral (Vigo) en 1912 e finado en Tui o 8 de abril de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Chofer e mecánico. Dende 1939 integrouse nun grupo guerrilleiro que actuaba na bisbarra de Vigo con Enrique Cameselle García, Jesús Lago González, Luciano Janeiro Valente, José Almeida Otero e Antonio Rodríguez Posada. Todos foron detidos e fusilados en Puxeiros o 24 de outubro de 1940,El Pueblo Gallego, 25-10-1940, p. 2. excepto Juan Manuel, que no momento de iniciarse a execución logrou fuxir, pois era o último do pelotón, non estaba atado e puido escapar correndo. O Xulgado Militar emitiu inmediatamente unha requisitoria que apareceu nos periódicos de Vigo o día 26.Faro de Vigo, 26-10-1940, p. .El Pueblo Gallego, 26-10-1940, p. 2. Fuxido en Portugal, onde estivo traballando durante un tempo, foi detido pola policía e devolto a España o 9 de marzo de 1942.El Pueblo Gallego, 14-4-1942, p. 2. Foi fusilado en Tui o 8 de abril de 1942 e soterrado no cemiterio de Puxeiros.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1942