miniatura|dereita|200px|Os membros do grupo neonazi "Garda Aria", organizan unha manifestación a prol do orgullo branco en Calgary, Alberta, no Canadá. O nacionalismo branco é un tipo de nacionalismo ou pannacionalismo racista que defende a crenza que as persoas brancas son unha razaHeidi Beirich and Kevin Hicks. "Chapter 7: White nationalism in America". In Perry, Barbara. Hate Crimes. Greenwood Publishing, 2009. pp.114–115 e busca desenvolver e manter unha identidade racial e nacional branca.Heidi Beirich and Kevin Hicks. "Chapter 7: White Nationalism in America". In Perry, Barbara. Hate Crimes. Greenwood Publishing, 2009. p.119. "One of the primary political goals of white nationalism is to forge a white identity"."White Nationalism, Explained". The New York Times. 21 de novembro de 2016. "O nacionalismo branco, dixo, é a crenza de que a identidade nacional debe construírse arredor da etnia branca e que, polo tanto, os brancos deben manter tanto a maioría demográfica como o dominio da cultura e da vida pública da nación. [...] o nacionalismo branco consiste en manter o dominio político e económico, non só a maioría numérica ou a hexemonía cultural". Moitos dos seus defensores identifícanse e adhírense ao concepto dunha nación branca ou dun "etnoestado branco". Neste documento, o nacionalismo denomínase "contido de identidade" e o patriotismo "orientación relacional"
Os analistas describen o nacionalismo branco como algo que se solapa co supremacismo branco e o separatismo branco.Daniszewski, John. "How to describe extremists who rallied in Charlottesville". Associated Press. 15 de agosto de 2017. O nacionalismo branco descríbese ás veces como un eufemismo ou un subconxunto do supremacismo branco, e os xornalistas e analistas empregaron ambos termos indistintamente. O separatismo branco é a busca dun "estado só para brancos", mentres que o supremacismo é a crenza de que os brancos son superiores aos non brancos e deben dominalos, tomando ideas do darwinismo social e do nazismo. Os nacionalistas brancos adoitan evitar usar o termo "supremacía" porque ten connotacións negativas.
Os nacionalistas brancos din que buscan asegurar a supervivencia da raza branca e das culturas dos estados historicamente brancos. Sosteñen que os brancos deben manter a súa maioría nos países de maioría branca, manter o seu dominio político e económico, e que as súas culturas deben ser o máis importante. Moitos nacionalistas brancos cren que a mestizaxe, o multiculturalismo, a inmigración de non brancos e as baixas taxas de natalidade entre os brancos están ameazando a raza branca, e algúns argumentan que equivale a un xenocidio branco. Os críticos sosteñen que o termo "nacionalismo branco" é simplemente un "cambio de nome" e que ideas como o orgullo branco existen soamente para achegar unha cara pública aséptica á supremacía branca, e que a maioría dos grupos nacionalistas brancos promoven a violencia racial.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Racismo Categoría:Nacionalismo Categoría:Nacionalismo branco Categoría:Supremacismo branco