Elle é un filme franco-alemán de 2016 dirixido por Paul Verhoeven e escrito por David Birke. Baséase na novela Oh... de Philippe Djian. A novela de Djian foi publicada en 2012 e recibiu o Prix Interallié (Premio Nacional de Literatura). O filme está protagonizado por Isabelle Huppert como unha empresaria que é violada na súa casa por un agresor enmascarado e decide non denuncialo debido á súa experiencia pasada coa policía.

O filme é o primeiro de Verhoeven dende Zwartboek en 2006, e é o primeiro rodado en lingua francesa. Estreouse na competición pola Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2016, onde recibiu a aclamación da crítica.Cannes reception: Elle gañou o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa e o Critics' Choice Movie ó mellor filme en lingua non inglesa; foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Michèle Leblanc é unha muller cunha forte personalidade e gran carácter para afrontar a realidade, mais as cousas cambian cando é asaltada e violada por un individuo cunha máscara de esquí. Despois do incidente, deciede non chamar a policía e limpa a desorde. Decide continuar coa súa vida como se non pasase nada, mais vivirá co temor de saber que aquel individuo podería regresar algún día.

Personaxes Isabelle Huppert como Michèle Leblanc Laurent Lafitte como Patrick Anne Consigny como Anna Christian Berkel como Robert Virginie Efira como Rebecca Charles Berling como Richard Casamayou Alice Isaaz como Josie Judith Magre como Irène Leblanc Vimala Pons como Hélène Jonas Bloquet como Vincent Lucas Prisor como Kurt Arthur Mazet como Kevin Raphaël Lenglet como Ralph

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Paul Verhoeven Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes sobre violación e vinganza Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes ambientados en París