Trinidad Arroyo Villaverde, nada en Palencia o 26 de maio de 1872 e finada en Cidade de México o 28 de setembro de 1959, foi unha intelectual e médica española.

Traxectoria Naceu nunha familia de industriais tintureiros de cariz liberal. Viviu en tempos en que as mulleres non accedían aos estudos medios nin superiores, polo que previamente tivo que obter as autorizacións específicas. A primeira, á idade de once anos, para acceder aos estudos de Segundo Ensino no Instituto Provincial de Palencia, o seu pai tivo que formular e reformular unha petición especial. Cumprida con brillantez o ensino medio, presentou a solicitude que lle permitise acceder aos estudos universitarios. O reitor da Universidade de Valladolid decidiu denegarlle o acceso, pero despois a Dirección Xeral da Instrución Pública autorizoullo.

Foi a primeira muller que obtivo a licenciatura en Medicina na Universidade de Valladolid en 1895 (a primeira muller licenciada en Medicina pola Universidade de Valladolid foi Luisa Domingo García) e primeira muller doutorada en oftalmoloxía e otoloxía en España, obtendo un sobresaliente na súa tese doutoral: Los músculos internos del ojo en su estado normal y patológico.

Oftalmóloga Foi a primeira oftalmóloga española. Exerceu a profesión en Palencia, en León, e en México onde viviu exiliada do réxime franquista ata o seu falecemento. Aos vinte e nove anos contraeu matrimonio en Palencia con Manuel Márquez Rodríguez, tamén médico, e especialista en oftalmoloxía.

En 1912 Trindade Arroio e Manuel Márquez operaron con éxito a Benito Pérez Galdós, salvándoo da cegueira.

O exilio Ao estalar a guerra civil española, e debido ao seu talante e defensa pública do republicanismo, o matrimonio decidiu exiliarse. Foron acollidos en París, pero ante o avance das tropas nazis decidiron fuxir ao continente americano e instaláronse en México onde se dedicaron á súa profesión médica

Feminismo Durante a súa estancia en Madrid participou activamente nas actividades do Lyceum Club de Madrid, asociación para a defensa dos dereitos políticos e sociais das mulleres. Tamén foi cofundadora (e presidenta honoraria entre 1872-1959) da Asociación de Médicas Españolas, cun grupo de colegas entre as que destacan algunhas das pioneiras da medicina española como Concepción Aleixandre o Elisa Soriano Fisher.

Trinidad adiantouse ao seu tempo noutras áreas, como a política e a relixión, mantendo unha posición revolucionaria para a época ao fomentar a acción social e a axuda ás clases máis necesitadas. Opúxose radicalmente ás organizacións de beneficencia do Goberno ou ás dádivas da aristocracia, que consideraba «esmolas». A súa concepción do progreso social e individual, especialmente da muller, baseouse na educación e a oportunidade de traballar con dignidade. Esta forma de ser distinguiraa durante toda a súa vida, sobre todo durante o seu longo exilio mexicano.

Recoñecementos Na cidade de Palencia, un Instituto de Ensinos Medios leva o seu nome, así como un premio literario municipal para relatos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

MÁRQUEZ ARROYO, Cristina: "Trinidad Arroyo de Márquez (1872-1959): primera oftalmóloga española, políglota, redactora médica y una mujer de armas tomar, Panace@. Vol. XI, n.o 31. Primer semestre, 2010. [consulta: 25.10.2014] DUEÑAS CEPEDA, María Jesús (2002): "Trinidad Arroyo, una feminista en la sombra (1872-1959)". Mujeres palentinas en la Historia. De reinas y campesinas. Ed. Cálamo y Ayto. de Palencia. JUAN CASTRILLO, Albano de (1998): La Colegiación Femenina. las primeras mujeres del Colegio Oficial de Médicos de Palencia. León, M.I.C. Anales de la Real Academia Nacional de Medicina - 2007 - Tomo CXXIV - Cuaderno 3, Real Academia Nacional de Medicina, p. 504. ÁLVAREZ RICART, María del Carmen (1988): La Mujer como profesional de la medicina en la España del siglo XIX, Anthropos. CORIA COLINO Jesús (1993): "Las primeras alumnas del Instituto de Palencia (1873-1874 a 1916-1917)", en Ciclo de Conferencias. Cien años del edificio de Jerónimo Arroyo, pp. 145-323. IES Jorge Manrique-Xunta de Castela e León. Palencia. CORIA COLINO, Jesús, "Las primeras alumnas del Instituto de Palencia", en Participación Educativa n.º 17, pp. 196-210. Revista del Consejo Escolar del Estado. Ministerio de Educación FLECHA, Consuelo (1996): Las primeras universitarias en España: 1872-1910, Narcea Ediciones. OTERO CARVAJAL, Luis E. (2006) La destrucción de la ciencia en España: depuración universitaria en el franquismo, Editorial Complutense. PÉREZ PEÑA (2005): Fernando, Exilio y depuración política en la Facultad de Medicina de San Carlos: (sus profesores y la Guerra Civil), Editorial Visión Libros.

Ligazóns externas Trinidad Arroyo Villaverde (1872-1959) no blog Mujeres con ciencia

Categoría:Nados en Palencia Categoría:Nados en 1872 Categoría:Médicos de España Categoría:Finados en 1959 Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid