O nacionalismo han é unha ideoloxía política que defende os intereses dos han, o grupo étnico dominante na China, Taiwán, Hong Kong, Singapur e Macau, así como grupo minoritario en numerosos países de todo o mundo. O nacionalismo han, como ideoloxía política, é usado para glorificar ao pobo han e a súa unicidade durante historia. A miúdo é relacionado co nacionalismo chinés.

Os nacionalistas han coidan que a influencia actual de occidente rebaixou o desenvolvemento dos costumes culturais propios da China e, como tal, converteuse en fundamental para liderar o crecente movemento tradicionalista, que comezou en 2001. Os participantes reúnense tanto en liña como en persoa en cidades de toda a China para revitalizar a súa visión utópica do auténtico "Gran Han" e a correspondente "China real" a través do vestido étnico pseudotradicional, o ritual confuciano reinventado e o sentimento xenofóbico. A miúdo séguese coa idea de que os han son o centro da humanidade e reavivou a idea do machismo cultural e racial. Este fenómeno foi chamado han centrismo por Thayer e Friend.

Notas

Véxase tamén Bibliografía The Relationship between the Han Nationality and the Minority Nationalities The Rise of Han‐Centrism and What It Means for International Politics The Great Han: Race, Nationalism, and Tradition in China Today

Categoría:Nacionalismos Categoría:Nacionalismo na China Categoría:Etnocentrismo Categoría:Chauvinismo Categoría:Nacionalismo chinés