Robert Clyde "Bob" Springer, nado en Paterson, Missouri, o 21 de maio de 1942, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-29 e STS-38.

Traxectoria Springer graduouse en ciencias navais pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1964 e é máster en operacións de investigación e sistemas pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1971.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1980, participando nas misións STS-29 e STS-38 e pasando un total de 9,90 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-29 STS-38

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Missouri