Space Recovery Experiment, tamén coñecida como Space Capsule Recovery Experiment, SCRE ou SRE foi unha cápsula espacial experimental da India lanzada o 10 de xaneiro de 2007 mediante un foguete PLSV-G desde o Centro Espacial Satish Dhawan.
Características SRE era un demostrador tecnolóxico para estudar a reentrada atmosférica e a recuperación dunha cápsula espacial. A nave tiña unha masa de 500 kg e forma cónica, cun diámetro de 2,0 m na base e unha altura de 1,60 m. Unha vez lanzada permaneceu varios días en órbita terrestre para facer experimentos en microgravidade ata o seu regreso e reentrada na atmosfera protexida por un escudo térmico para acabar amarando no golfo de Bengala o 22 de xaneiro de 2007. Planificáronse dúas cápsulas SRE, aínda que só se chegou a lanzar unha.
Notas
Véxase tamén Outros artigos PSLV-G
Categoría:Satélites artificiais