Xerardo Denis Felipe Estévez Fernández, nado o 25 de maio de 1948 en Santiago de Compostela, é un arquitecto e político galego.
Traxectoria Estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, especializándose en urbanismo. Establecido en 1972 en Compostela, exerceu como arquitecto e urbanista formando con outros profesionais o equipo Oikos, e realizou traballos de investigación sobre arquitectura, planeamento e patrimonio.
Como alcalde de Santiago de Compostela nos períodos 1983-1986 e 1987-1998, aplicou a súa formación a fomentar a conservación e a transformación da cidade a través do planeamento, a arquitectura e a cultura. Promoveu a inclusión da cidade e do Camiño de Santiago na lista do Patrimonio Mundial, e a elección como unha das Cidades Europeas da Cultura no ano 2000.
Durante o seu mandato Compostela recibiu numerosos galardóns, entre os que destaca o Premio Europeo de Urbanismo 1998 polo Plan Especial da Cidade Histórica. Impulsou o Real Padroado de Santiago de Compostela e a creación do Consorcio de Santiago, órgano no que as administracións local, autonómica e estatal cooperan nas políticas urbanas e na conservación do conxunto histórico.
Foi deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia entre os anos 1981 e 1983, e membro do Congreso dos Deputados de España entre 1993 e 1995.
En 1999 reincorporouse á práctica da arquitectura, que compaxina coa actividade como conferenciante e escritor, profesor de cursos de urbanismo e patrimonio, e co asesoramento a administracións e institucións. Colabora habitualmente nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia. Distincións
Entre outras distincións, está en posesión do título de Fillo Predilecto e Medalla de Ouro de Santiago de Compostela, Medalla Castelao da Xunta de Galicia e medalla do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España.
Obra
Compostela, vanguardia y sosiego (2000). Con Xurxo Lobato e Manuel Rivas. Santiago de Compostela. Planeamiento y gestión (2000). En J. Maderuelo (Ed.) Arte público: Naturaleza y Ciudad. Santiago de Compostela, Spain (2001). En R. Pickard (Ed.) Management of Historic Centres. Educación e urbanismo. A cidade como proxecto cívico (2001). En M. A. Santos Rego e M. M. Lorenzo Moledo (Eds.) A construcción educativa da cidade. Unha perspectiva transversal. Opinión y práctica en la ciudad histórica (2004). Quintana, revista de estudios de Historia da Arte, 3. Paisajes urbanos con-texto y sin-texto (2007). En J. Nogué (Ed.) La construcción social del paisaje. Paisajes y Palabras (2012). Galícia. Del paisatge rururbà al megaterritori antropitzat (2012). En Franges. Els paisatges de la perifèria. Compostela, ayer y hoy (2013). En Arqueología de la memoria reciente. Construcción de la ciudad y el territorio en España 1986-2012. Ciudad histórica: lugar de culto vs. espacio político (2013). Encontro Internacional de Arquitectura Contemporánea en Cidades Históricas, Sevilla. Bonaval, de onte a hoxe. Da arquitectura á cidade (2019). Con C. García Braña, M. X. Fernández Cerviño e A. Alonso Lorenzo. La Catedral de la Arquitectura (2022). Ed., con M. X. Fernández Cerviño e A. Martín Prieto. Compostela como desexo (2022). Con A. Baamonde, F. Barros, A. Salgado e X. M. Villanueva.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Álvarez Pousa, L. (1998). "Xerardo Estévez, paixón de arquitecto". Tempos Novos, 14, pp. 34-40. Beramendi, J. (2003). "Santiago, caput Gallaeciae". En E. Portela Silva (coord.) Historia da cidade de Santiago de Compostela. Concello de Santiago, Consorcio de Santiago, Universidade de Santiago, pp. 599-606 Castro, X. e Villalaín D. (1993). "Entrevista con Xerardo Estévez". Grial, 119, pp. 325-340. Hernández Soriano, R. (2016). "Santiago de Compostela, historia y progreso. El xacobeo como instrumento de transformación urbana". En La Cultura y la Ciudad. Granada: Universidad de Granada, pp. 1.005-1.012.
Rubio, A. (2022). España fea. El caos urbano, el mayor fracaso de la democracia. Debate.
Outros artigos Eleccións municipais en Santiago de Compostela
Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1948 Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Cataluña Categoría:Medallas Castelao Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes