Thomas Patten Stafford, nado en Weatherford, Oklahoma, o 17 de setembro de 1930 e finado o 18 de marzo de 2024, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 6A, Gemini 9A, Apollo 10 e ASTP.

Traxectoria Stafford graduouse en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1952 e recibiu diferentes graos honorarios. Recibiu as súas ás de piloto na Base Connally da Forza Aérea en 1953. Foi elixido de entre o segundo grupo de candidatos a astronauta pola NASA en setembro de 1962, participando nas misións Gemini 6A, Gemini 9A, Apollo 10 e ASTP e pasando un total de 21,15 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Gemini 6A Gemini 9A Apollo 10 ASTP

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Nados en Oklahoma