Concepción Borrell Bernaus, máis coñecida como Conxa Borrell, é unha prostituta, educadora sexual, sindicalista e militante polos dereitos das traballadoras sexuais española, actual líder e portavoz de APROSEX e do Sindicato OTRAS. Chegou á fama como cara visible de OTRAS, o primeiro sindicato de prostitutas español, debido á polémica xerada en torno á súa constitución.

Traxectoria laboral e sindical

Comezos na prostitución e creación de APROSEX Conxa Borrell comezou a prostituirse no 2006, baixo o pseudónimo de Paula VIP.​​ Até entón, estando casada, tiña dous traballos (un deles de contable), pero a necesidade de cartos por problemas económicos e débedas do seu home, así como a idea de poder pagar o colexio do seu fillo, lévana a introducirse no mundo da prostitución.​​​ Mantivo nun principio o seu traballo de contable polas mañás, mentres se prostituía polas tardes.​ Saíu do armario como puta, ante familia e amizades, no ano 2010.

No 2012, concienciada perante a necesidade de defenderse dos estigmas sexuais que afectan ás traballadoras sexuais, creou APROSEX, definida nas súas palabras coma a primeira organización integrada e dirixida exclusivamente por traballadoras sexuais de España.​ Esta asociación suscitaría polémica no seo do feminismo español polos seus cursos para ser prostituta, os seus obradoiros sexuais para mulleres e o seu financiamento.​​​ Dentro dos devanditos obradoiros, Borrell encargaríase persoalmente de levar o curso de aprendizaxe para ser prostituta.​​​ Tamén faríase cargo dun blog de terapia sexual asociado á organización.​ Ademais, como presidenta e cara visible de APROSEX protagonizaría as súas primeiras polémicas, destacando un encontro con Lidia Falcón en 2014.

Creación do Sindicato OTRAS Tras dous aos de estudo do sindicalismo español, en agosto de 2018, Borrell, Sabrina Sánchez e outras compañeiras traballadoras sexuais crean o Sindicato OTRAS e rexístrano exitosamente no BOE. Este feito provoca un terremoto político en España, ao dicir respecto a isto Magdalena Valerio, ministra de traballo interina, que lle meteron un "gol pola escuadra", sendo o comezo dunha dura polémica no seo do PSOE que implicaría a Susana Díaz e a Pedro Sánchez. Esta polémica só remataría co cesamento de Concepción Pascual, a entón directora general de trabajo, quen tramitara a inscrición de OTRAS no BOE.

No medio da tormenta política subseguinte á creación de OTRAS, Borrell sería entrevistada por medios de alcance nacional, como El Español, ou Libertad Digital. Ademais, protagonizaría novos enfrontamentos na televisión con Nuria González, da asociación cultural l'Escola, e con Elisa Beni, quen chegou a insultar a Borrell pola súa defensa do traballo sexual. En 2019, sería entrevistada por Eldiario.es para xustificar a necesidade da participación de OTRAS no greve do 8 de marzo dese ano.

En abril de 2021, Borrell sería novamente entrevistada en El Mundo, onde criticaría os ataques políticos de Carmen Calvo e Irene Montero (respetivamente, nese momento, a vicepresidenta primeira do Goberno de España e a ministra de Igualdade) á prostitución española, e falaría do banco de alimentos do Sindicato OTRAS, posto en marcha como axuda ás traballadoras sexuais do Estado ante a crise da Covid.​ Tras a legalización dos estatutos do Sindicato OTRAS polo Tribunal Supremo en xuño de 2021, Borrell declarou a súa intención de reunirse, en tanto representante de OTRAS, coa patroal do sector do sexo español, con Irene Montero, e coa ministra de Traballo Yolanda Díaz.

Obras

Non ficción

El blog de Paula (2009).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Sindicato OTRAS

Categoría:Prostitutos Categoría:Sindicalistas de Cataluña