Manuel Piñeiro Zúñiga, nado en Noia cara a 1901 e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria Comerciante de Amorín e membro da sociedade agraria, foi nomeado vicesecretario da Sociedad Judicial Agraria presidida por Antón Alonso Ríos en febreiro de 1932.El Pueblo Gallego, 12-2-1932, p. 6. Na República foi concelleiro de Tomiño.Base de datos de concelleiros represaliados Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, levárono ao seminario de Tui, e despois foi asasinado no Alto do Confurco xunto con Fernando Rubio Estévez, Manuel Pérez Besada, Domingo Páramos Núñez, Hipólito Gallego Camarero e Francisco Rodríguez Otero. Foron soterrados nunha fosa común en Mondariz. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939 e foi sancionado con 50.000 pesetas.El Pueblo Gallego, 21-11-1939, p. 7. Os seus restos, xunto cos doutros 34 da provincia de Pontevedra, foron trasladados ao Valle de los Caídos o 26 de marzo de 1959."Han sido trasladados a Cuelgamuros los restos de 35 caídos pontevedreses", El Pueblo Gallego, 27-3-1959, p. 3.
Vida persoal
Casou en Amorín con Pilar Zúñiga Álvarez en 1928.Heraldo de Galicia, 24-6-1928, p. 7. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Onde está o avó? Mondariz recuerda su día oscuro Pontevedreses en Cuelgamuros.
Categoría:Concelleiros de Tomiño
Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1901
Categoría:Finados en 1936