Arthur Amory Houghton, nado en Nova York o 6 de maio de 1940, é un numismático estadounidense especializado na moeda do Imperio Seléucida.

Traxectoria

Orixe e formación Houghton é fillo do industrial do vidro e filántropo Arthur Amory Houghton (1906-1990)."Arthur Houghton dies; Shore philanthropist". En The Baltimore Sun. 4 de abril de 1990.

Pasou a infancia na súa cidade natal e posteriormente ingresou na Universidade Harvard, onde se graduou en Administración Pública en 1963. Tres anos despois acadou o mestrado en Estudos de Oriente Medio na Universidade Americana de Beirut."ANS awards Archer M. Huntington Award 2015 to Arthur A. Houghton". Coins Weekly. 2 de abril de 2015.Smith, P. (2012)."Biography ". ArthurHoughton.com

Carreira profesional Concluída esta primeira etapa formativa, Houghton pasou a traballar para a Administración dos EEUU e desenvolveu o seu labor en postos como o Consello de Seguridade Nacional (1974-1976) e outros de carácter diplomático no exterior, como as embaixadas do seu país en Beirut, Amán e O Cairo, entre 1966 e 1979.

Maisen fixo unha paréntese na súa carreira administrativa en 1981 para cursar na Universidade Harvard o mestrado en Belas Artes, do que se graduou en 1982, e logo traballou por un período de catro anos (1982-1986) como conservador adxunto no Museo J. Paul Getty en Malibú, California.

Ao seu regreso á función pública, foi membro dunha comisión sobre seguridade nas fronteiras exteriores dos EEUU (1987-1989) e traballou na Oficina de Política Nacional de Control de drogas da Casa Branca (1989-1995), ademais de formar parte de diversos comités técnicos.

Houghton foi tamén o fundador da compañía de consultoría Arthur Houghton Associates, Inc., que presidiu entre 1995 e 2005.

Entre outras organizacións, Arthur Houghton formou parte cos consellos directivos da Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas, do Instituto Chipriota-Americano de Investigación Arqueolóxica, do Instituto de Oriente Medio, do Museo do Vidro de Corning e do Museo de Arte de Baltimore.

Carreira numismática Paralelamente á súa traxectoria profesional, Houghton interesouse pola arqueoloxía e a numismática antigas, aspecto sobre o que publicou diversos artigos e traballos monográficos, sinaladamente acerca da moeda seléucida dos sucesores de Alexandre o Grande.

É membro da American Numismatic Society, entidade que presidiu desde 1985 a 1989. Entre 1984 e 1987 foi tamén un dos membros do comité asesor do Departamento do Tesouro dos EEUU para a elección dos temas das moedas emitidas pola US Mint.

Recoñecementos (2003): Premio Literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais."IAPN-Book Prize ". No sitio web de IAPN-AINP. (2015): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."NS Honored Arthur A. Houghton with 2015 Archer M. Huntington Award ". American Numismatic Society."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.

Publicacións Arthur Hougton é autor de máis de 60 artigos numismáticos en diversas revistas e publicacións conxuntas de diversos países (Revue Numismatique, Schweizerische numismatische Rundschau, Schweizer Münzblätter, Israel Numismatic Journal etc.)."Arthur Houghton Full CV ". ArthurHoughton.com"Selected Papers ". ArthurHoughton.com Estes son os seus traballos monográficos, centrados na moeda seléucida:"Houghton, Arthur Amory 1940- ". Digital Library Numis."Houghton, Arthur 1940-". WorldCat Identities.

Monografías (1983). Coins of the Seleucid Empire from the collection of Arthur Houghton. American Numismatic Society, Nova York. (1984). Festschrift für Leo Mildenberg. Numismatik, Kunstgeschichte, Archäologie (Ed.). NR, Wetteren. ISBN 9789071165016 (1998). The Arnold Spaer collection of Seleucid coins. Serie Sylloge Nummorum Graecorum (con A. Spaer e C. C. Lorber). Italo Vecchi, Londres. (2002). Seleucid Coins. A Comprehensive Catalogue. Part 1: Seleucus I through Antiochus III (con C. C. Lorber). American Numismatic Society, Nova York. Tomo 1: ISBN 0-9709268-3-9 / Tomo 2: 0-9709268-4-7 (2008). Seleucid Coins. A Comprehensive Catalogue. Part 2: Seleucus IV through Antiochus XIII. (con C. C. Lorber e O. Hoover). American Numismatic Society, Nova York. Tomo 1: ISBN 978-0-9802387-0-9 / Tomo 2: ISBN 978-0-9802387-1-6.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Smith, P. (2012). "Houghton, Arthur Amery III". En American Numismatic Biographies. Páxina 185.

Ligazóns externas Discurso de recepción da Medalla Huntington (16 de maio de 2015) Texto dunha entrevista feita for C. S. Kennedy (30 de abril de 2001)

Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Alumnos da Universidade Americana de Beirut Categoría:American Numismatic Society Categoría:Personalidades sen imaxes