Trebelliano (en latín, Trebellianus), finado polo 260 ou 268, foi un usurpador romano contra o emperador Galieno que aparecía na lista de Tyranni Triginta (en galego, Trinta tiranos) da Historia Augusta. Os historiadores modernos consideran que é un personaxe ficticio inventado por un dos autores da Historia, de nome Trebelio Polio.

Descrición Segundo a Historia Augusta, Trebeliano era un bandoleiro de Cilicia, quen denominaba a súa fortaleza nas montañas isaurias, Palacio, coa mesma denominación có palacio imperial no Palatino de Roma. Tamén estableceu unha ceca e se autoconcedeu o título de emperador. Pero sendo tentado a deixar o seu agocho e descender á chaira, foi atopado e asasinado por Causisoleo, de orixe exipcia, un dos xenerais de Galieno (dux Gallieni),Smith (1876), p. 1.170 irmán de Aurelio Teodoto quen derrotara a Musio Emiliano, outro usurpador exipcio.

Trebeliano tamén é citado por EutropioBreviarium, IX, 8 mais esa pasaxe considérase unha interpolación posterior ou unha confusión con Regaliano, outro usurpador do Danubio, -e, de feito, varias edicións de Eutropio emendan o texto con Regaliano-. Neste último caso, é posible que esta pasaxe servise de inspiración ao autor da Historia para realiza-lo seu Trebeliano.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Gens Trebelia

Categoría:Usurpadores romanos do século III