O Stadin Gimmat ou HIFK Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Helsinqui (Finlandia). Foi fundado en 1982, e refundado en 2018. Actualmente compite na Auroraliiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Malmin jäähalli, un pavillón con capacidade para 500 persoas.

Os maiores éxitos do equipo ata 2022 foron unha medalla de prata coseguida en 2022, así como tres medallas de bronce nas tempadas 1988, 1989 e 2021.

Historia Antecedentes HIFK Naiset foi un dos equipos que participaron na tempada inaugural da máxima competición feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia, a daquela denominada SM-sarja (renomeada Naisten Liiga en 2017). O HIFK Naiset orixinal descendeu por problemas financeiros en 1989 e non volveu poñer ningún equipo no xeo durante as décadas seguintes.

Camiño ao regreso En 2015 o club capitalino retomou o traballo con nenas creando a "Gimmat skulaa", unha escola de hóckey sobre xeo para nenas.

O primeiro intento de HIFK por poñer un equipo feminino de novo no xeo foi para a tempada 2017-18, logo de que o daquela propietario do Espoo United, Jussi Salonoja, anunciara que suprimiría todas as actividades femininas do club, tanto en baloncesto como en hóckey sobre xeo, por motivos económicos. A mediados de agosto de 2017 a televisión pública finlandesa, Yle, apuntaba a que se terían ofrecido as actividades do United feminino, así como unha praza na liga, se ben inicialmente prevíase que o equipo disputara os seus partidos como local en Espoo. con todo finalmente as negociacións non chegaron a materializarse e o retorno de HIFK tivo que atrasarse.

Nacemento do Stadin Gimmat miniatura|esquerda|Saara Niemi foi nomeada adestradora do equipo no seu regreso ao xeo na tempada 2018-19. O actual equipo foi fundado en 2018, comezando a competir dende a segunda categoría, a Naisten Mestis. Ademais do primeiro equipo, HIFK puxo no xeo catro equipos de base de distintas idades e un equipo afeccionado.

Na súa tempada debut, a 2018–19, o equipo foi o gran dominador da Mestis, gañando os seus dez partidos (un deles na prórroga), e conseguindo un rexistro de 43 goles a favor por tan só 9 en contra nun equipo no que salientaron especialmente Saara Niemi (3+15), Miressa Mäkelä (8+6) e Fanny Jalonen (7+6). Deste xeito HIFK clasificouse para a liga de clasificación para na Naisten Liiga xunto con RoKi, na que as xogadoras da capital comezaron derrotando a RoKi (1-0) e Lukko (10-1) na primeira fin de semana de competición. Finalmente HIFK conseguiu finalizar na primeira posición a liga de clasificación para a Naisten Liiga, conseguindo deste xeito o ascenso á máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés logo dunha gran tempada. O equipo só encaixou dúas derrotas na liguiña contra KJT Haukat (3-2) en Kerava e fronte a Lukko (3-2) en Rauma.

Chegada á elite miniatura|A veterana Karoliina Rantamäki chegou a Stadin Gimmat en 2019. No verán de 2019 chegou ao club capitalino a destacada veterana Karoliina Rantamäki, que viña de xogar no SKIF Nizhny Novgorod da liga rusa as doce tempadas anteriores, e que foi designada capitá do equipo. A tempada 2019-20 comezou co torneo de apertura da liga, desta volta disputado en Kuopio. O equipo recentemente ascendido comezou con forza a nova tempada gañando 1-6 a Sport no seu debut, mais na segunda xornada caería (3-6) fronte ás anfitrioas do torneo de apertura, KalPa, se ben o equipo axiña mudou a dinámica e gañou os seguintes encontros para situarse na segunda posición da táboa. O equipo non foi quen de manter a dinámica gañadora e unha serie de malos resultados as afundiron ata a sétima posición, mais con opcións de clasificarse para o grupo superior ao chegar ás dúas últimas xornadas cun punto menos que Ilves, mais finalmente as derrotas ante K-Espoo e HPK apartaron a HIFK do grupo inferior, tendo que loitar con TPS, Lukko e Sport, así como cos equipos da Mestis RoKi e APV, por unha das dúas prazas para os play-offs. Finalmente o equipo conseguiu clasificarse para os play-offs ao finalizar o grupo inferior na primeira posición con nove vitorias e tan só unha derrota.

Primeiras medallas miniatura|esquerda|250px|Xogadoras de Stadin Gimmat na tempada 2021-22.

Primeiro campionato

Nome O nome Stadin Gimmat significa literalmente Mulleres de Helsinqui ou Rapazas de Helsinqui. O nome emprega a lingua falada na capital finlandesa: Stadi é o nome de Helsinqui na fala local (o "n" final indica o xenitivo) e Gimma significa muller ou rapaza (engadindo o "t" forma o plural).

Pavillón

miniatura|Exterior do Pirkkolan jäähalli. As Stadin Gimmat xoga os seus partidos como local no Pirkkolan jäähalli, unha das instalacións do Pirkkolan liikuntapuisto. O pavillón ten capacidade para 1 100 persoas e foi inaugurado en 2021, cando substituíu o antigo pavillón, que foi demolido.

Anteriormente xogaron no Malmin jäähalli, unha pista de xeo con capacidade para 500 persoas inaugurada o 2 de marzo de 2006 e situada no distrito de Malmi.

O equipo ten xogado tamén como local no Helsingin jäähalli, no distrito de Töölö da capital de Finlandia. Precisamente neste estadio o equipo proclamouse campión finlandés por primeira vez na súa historia o 21 de marzo de 2023 ante 1 311 persoas.

Personalidades Xogadoras Cadro actual

Capitás miniatura|Karoliina Rantamäki en 2023. Rantamäki foi nomeada capitá do IFK en 2019. Dende a súa refundación en 2018 o equipo tivo dúas capitás. A primeira delas foi Saara Suomikallio, que capitaneou o equipo no seu debut na Mestis. Co ascenso á máxima categoría chegou a veterana xogadora internacional coa selección finlandesa Karoliina Rantamäki, que foi nomeada capitá do equipo, posto que ostentou ata a tempada 2023-24, cando deixou o equipo para fichar polo K-Espoo. A francesa Athena Locatelli substituíu a Rantamäki como capitá en 2024.

Capitás das Stadin Gimmat Nome(s) Período Saara Suomikallio 2018–19 Karoliina Rantamäki 2019–24 Athena Locatelli 2024–

Adestradoras miniatura|Saara Kivenmäki no banco do IFK durante un partido en 2023. Dende o regreso á competición do equipo feminino de HIFK, Saara Kivenmäki (de solteira Tuominen) dirixe é a súa adestradora. A tempada antes do debut das Stadin Gimmat, Kivenmäki dirixiu o equipo chinés Kunlun Red Star da CWHL, co que chegou á final.

Adestradoras das Stadin Gimmat Nome(s) Período Saara Kivenmäki 2018–

Palmarés Trofeos colectivos SM-sarja/Naisten liiga miniatura|O IFK gañou a Aurora Borealis Malja en 2023. A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. HIFK Naiset gañou dúas veces o trofeo: 2023 e 2024 1 medalla de prata como segunda clasificada dos play-offs:2022 3 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1988, 1989 e 2021

Trofeos individuais Trofeo Marianne Ihalainen: cada ano dende a tempada inaugural da Naisten Liiga, a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo entrega este galardón á mellor puntuadora da liga regular. Recibe o seu nome en honor á ex xogadora e membro do Salón da Fama do hóckey finlandés Marianne Ihalainen. Unha xogadora das Stadin Gimmat recibiu este recoñecemento canto menos nunha ocasión: Michaela Pejzlová: 2021 Trofeo Tiia Reima: entregado dende a tempada inaugural pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo á máxima goleadora da liga. Unha xogadora do equipo gañou o trofeo nalgunha ocasión: Matilda Nilsson: 2022 Trofeo Noora Räty: outorgado á mellor debutante na liga dende a tempada 2005-06. Na tempoda 2021-22 tan só unha xogadora do equipo gañara o galardón nalgunha ocasión: Krista Parkkonen: 2020 Trofeo Emma Laaksonen: o premio ao xogo limpo entrégase dende a tempada 2011-12. Unha xogadora das Stadin Gimmat gañou o premio nunha ocasión: Emmanuelle Passard: 2022

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos HIFK Hockey

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Stadin Gimmat