Najla Bouden Romdhane (en ), nada en Kairouan en 1958, é unha xeóloga e política tunisiana, actual primeira ministra. Nomeada en setembro de 2021, é a primeira muller que ocupa o cargo de primeira ministra no mundo árabe.
Traxectoria Naceu en 1958 en Kairouan. É enxeñeira e profesora de educación superior na Escola Nacional de Enxeñeiros de Tunisia, especializada en xeociencias. En 2011 converteuse en directora xeral de Calidade do Ministerio de Educación Superior e Investigación Científica. En 2015 ocupou o cargo de xerente de proxectos na oficina do ministro Salim Shoura.
Desde setembro de 2016 ocupou o cargo de xefa da unidade de xestión por obxectivos no mesmo Ministerio co fin de aplicar o proxecto de reforma da educación superior para apoiar a empregabilidade dos títulos de educación superior. O 29 de setembro de 2021, o presidente tunisiano Kaïs Saied nomeouna primeira ministra co mandato de formar e dirixir un novo goberno.
Notas
Categoría:Primeiros ministros de Tunisia Categoría:Políticos de Tunisia Categoría:Nados en 1958