Oasis foi unha banda británica de rock formada en Manchester no ano 1991. Nos seus comezos estaba formada por Liam Gallagher (vocalista), Paul Arthurs (guitarrista), Paul McGuigan (baixista) e Tony McCarroll (batería), e tocaban baixo o nome de The Rain. Mudaron o seu nome a Oasis cando, invitado polo seu irmán máis novo, entra no grupo Noel Gallagher, converténdose en líder, guitarrista principal e compositor da banda.

Oasis é considerado un dos grupos máis destacados da historia do Reino Unido e da música rock, por ser quizais o máximo expoñente do movemento britrock xunto con Blur e por ser tamén un dos grupos máis senlleiros da música a nivel mundial na década dos 90. Boa proba diso son as 11 millóns de copias vendidas do seu álbum debut Definetely Maybe, as 26 millóns do seu segundo álbum, (What´s the story)Morning Glory, que se converteu no segundo disco máis vendido na historia do Reino Unido por detrás do aclamado Sargent Pepper´s Lonely Hearts Club Band, e as 420.000 copias vendidas o día da posta á venda do seu terceiro álbum de estudio, Be Here Now, que logrou converterse no disco máis rapidamente vendido na historia do seu país.

A súa principal e máis notable influencia musical foi The Beatles, mais tamén beberon doutros grupos como The Rolling Stones, The Who, The Kinks, Sex Pistols, The Smiths, Neil Young, The Stooges e The Stone Roses. Por outra banda foron, xunto con Blur, un dos máximos expoñentes do Britpop.

En agosto do ano 2009 Noel Gallagher anunciou a súa saída da banda despois dun altercado nos camerinos con Liam antes dun concerto. O resto dos seus membros, liderados por Liam Gallagher, decidiron continuar traballando xuntos baixo o nome Beady Eye.

Influencias musicais Musicalmente, Oasis citou como as súas principais influencias a The Beatles, The Who, Sex Pistols e The Stone Roses. Tamén nomearon, en menor medida, a The Stooges, The Kinks, The Smiths, The Rolling Stones e Neil Young.

Gran cantidade de bandas citaron a Oasis como unha das súas maiores influencias, entre elas Arctic Monkeys, The Killers, The Coral, Jet e Kasabian.

Discografía Álbums de estudio Definitely Maybe - 1994 (Creation Records) (What's the Story) Morning Glory? - 1995 (Creation) Be Here Now - 1997 (Creation) Standing on the Shoulder of Giants - 2000 (Big Brother) Heathen Chemistry - 2002 (Big Brother) Don't Believe the Truth - 2005 (Big Brother) Dig Out Your Soul - 2008 (Big Brother)

Álbums ao vivo Familiar to Millions - 2000 (Big Brother)

Recompilatorios The Masterplan - 1998 (Creation) Stop the Clocks - 2006 (Big Brother) Time Flies... 1994–2009 - 2010 (Big Brother)

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de britpop Categoría:Grupos musicais de Manchester Categoría:Grupos musicais formados en 1991 Categoría:Britpop Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello