Este artigo fala do médico nado en 1843 e finado en 1912, para o escritor de novela negra nado en 1971 véxase o artigo "Domingo Villar".

Domingo Villar Vázquez, nado en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 1843 e finado na Coruña o 4 de xaneiro de 1912, foi un médico e escritor galego.

Traxectoria miniatura|page=20|"Remembranzas da terra. Un sono". Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e traballou como médico durante once anos en Galicia e Asturias. Marchou a Arxentina en outubro de 1881. Revalidou o título na Universidade de Buenos Aires, estableceuse en Córdoba, pero tivo que trasladarse a Mendoza en 1883, onde foi director-médico do Hospital da Policía e Tribunales, da Escola Nacional de Agricultura, e inspector xeral da obra de saneamento da provincia, director de Hixiene Pública e conselleiro de Hixiene. Combateu as epidemias que asolaban a provincia. Entre 1891 e 1895 exerceu de médico dos pobres, aos que atendía gratuitamente. Regresou a Galicia coa familia en 1889 e recorreu varias capitais europeas. Retornou novamente a Arxentina retomando o seu traballo en Mendoza."Dr. D. Domingo Villar", El Eco de Galicia, 10-3-1898, p. 1-2. En 1906 retornou a Galicia,El Correo de Galicia, 2-7-1906, p. 3. instalándose na Coruña, onde viviu os últimos anos. Finou na Coruña o 4 de xaneiro de 1912.La Voz de Galicia, 5-1-1912, p. 1,3.

Obras

Escribiu Remembranza da terra. Un sono, que Uxío Carré Aldao incluíu na súa Antología,, Eugenio (1911). Literatura gallega. pp. 211-213. Barcelona. Maucci. e publicou algúns artigos en El Eco de Galicia a partir de 1894.

Vida persoal Casou con Francisca Álvarez de Ron.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1912 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega