Kevin Joseph Huerter, nado o 27 de agosto de 1998 en Albany, Nova York, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Huerter foi escollido na 19ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Atlanta Hawks. O 1 de xullo de 2018, Huerter asinou o seu contrato de rookie cos Hawks. Ó remate da tempada 2018-19, Huerter foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies da tempada da NBA. O 18 de outubro de 2021, Huerter renovou por catro anos máis o seu contrato cos Hawks.
O 6 de xullo de 2022, Huerter foi traspasado ós Sacramento Kings a cambio de Maurice Harkless, Justin Holiday, e unha futura elección da primeira rolda do Draft.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados no condado de Albany, Nova York Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings