Biduedo é un lugar da parroquia de Pereda, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, na comarca do Carballiño. Segundo o IGE, en 2023 tiña 71 habitantes (32 homes e 39 mulleres).

Patrimonio Pola aldea discorren o Camiño de Santiago e mais a estrada N-525. No lugar hai unha capela, baixo a advocación de San Pantaión. Durante o seu día, a fin de semana seguinte ó 27 de xullo, realízase un pasarrúas de xigantes ("Almazonas") e cabezudos con máis de cen anos de antigüidade.

Na localidade ten o seu obradoiro o escultor Acisclo Manzano.

Lugares e parroquias Lugares de Pereda

Parroquias de San Cristovo de Cea

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de San Cristovo de Cea

Categoría:Lugares de San Cristovo de Cea