Patrick Bergin Connaughton, nado o 6 de xaneiro de 1993 en Arlington, Massachusetts, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional Connaughton foi escollido na 41ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Brooklyn Nets, e os seus dereitos foron traspasados xunto a Mason Plumlee ós Portland Trail Blazers, a cambio de Steve Blake e a 23ª elección dese Draft, Rondae Hollis-Jefferson. O 9 de xullo de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Blazers.
O 1 de agosto de 2018, Connaughton asinou cos Milwaukee Bucks. O 20 de xullo de 2021, Connaughton gañou o seu primeiro campionato da NBA, despois de que os Bucks derrotasen por 4-2 ós Phoenix Suns nas Finais da NBA de 2021.https://www.espn.com/nba/player/gamelog/_/id/2578239/pat-connaughton
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados no condado de Middlesex, Massachusetts Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks