Henrya é un xénero de plantas con flores pertencente á familia das acantáceas.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1845 por Christian Gottfried Daniel Nees von Esenbeck e Jeremy Bentham nun traballo publicado en The Botany of the Voyage of H.M.S. Sulphur.
Etimoloxía O nome do xénero é na honra de Aimé Constant Fidèle Henry (1801-1875), libreiro alemán de orixe francesa, membro da Academia Nacional de Ciencias Leopoldina.Quattrocchi, Umberto (2000): CRC World Dictionary of Plant Names, Volume II, D–L. Boca Raton, Florida: CRC Press. ISBN 978-0-8493-2676-9.
Sinómimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Baillonacanthus Kuntze Solenoruellia Baill.
Especies Recoñécense no xénero as seguintes tres especies:
Henrya insularis Nees (especie tipo) Henrya scorpioides (L.) Nees Henrya tuberculosperma T.F.Daniel
Características As súas especies son herbas ou plantas sufruticosas, de até 1 m de alto; talos máis xoves cuadrangulares. Follas ovadas de 3 a 9 cm de longo e de 1,8 a 5,5 cm de ancho, co ápice agudo a acuminado, a base obtusa a aguda e as marxes enteiras. Inflorescencias en espigas densas ou laxas, terminais ou axilares, de 2 a 10 cm de longo, brácteas caulinares laxamente imbricadas; corola bilabiada, angostamente infundibuliforme, de 10 a 15 mm de longo, de cor de amarelo pálida a crema. Froitos claviformes.
Área de distribución A área de distribución nativa das especies do xénero esténdese desde Arizona a Centroamérica. Na actualidade atópanse en Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua e Panamá.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Acantáceas
Ligazóns externas Imaxes en Google
Categoría:Acanthaceae Categoría:Flora de América Central