José Manuel Bértolo Ballesteros, nado en Soutelo de Montes (Forcarei) en 1949, é un profesor, historiador e escritor galego.
Traxectoria Catedrático de grego no ensino secundario, xubilouse en 2011. Investigador sobre xenealoxía e heráldica, colaborou en Boletín de Estudios de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia, A Estrada. Miscelánea Histórico y cultural, Nalgures, Metacios, Anuario Brigantino, Capicúa, Faro de Vigo e La Voz de Galicia. É presidente da Asociación de Estudos Históricos de Galicia.
Obras É autor de varios libros de texto de Grego para o Bacharelato.
Torres, pazos e casas fidalgas do concello da Estrada, con Luís Ferro Pego, 2020. Fidalguía e heráldica de Terra de Montes, 2021.
Premios XIX premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela, con Luís Ferro Pego. Premio San Martiño 2021.José Manuel Bértolo e o colectivo poético Rompente reciben os Premios San Martiño
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas José Manuel Bértolo Ballesteros en xenealoxia.org
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Nados en 1949