Nickeil Alexander-Walker, nado o 2 de setembro de 1998 en Toronto, Ontario, é un xogador de baloncesto profesional canadense que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, Alexander-Walker foi escollido na 17ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Brooklyn Nets, e os seus dereitos foron traspasados ós Atlanta Hawks xunto a Allen Crabbe e unha elección da primeira rolda do Draft de 2020, a cambio de Taurean Prince e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021. Ese mesmo día, Alexander-Walker foi traspasado de novo, desta vez ós New Orleans Pelicans xunto ós dereitos da 8ª elección Jaxson Hayes, os dereitos da 35ª elección Marcos Louzada Silva e unha elección da primeira rolda do Draft de 2020, a cambio dos dereitos da cuarta elección do Draft De'Andre Hunter e Solomon Hill. O traspaso fíxose oficial o 7 de xullo de 2019. O día seguinte, Alexander-Walker asinou cos Pelicans. Debutou na NBA cos Pelicans o 22 de outubro de 2019, na derrota de New Orleans por 130–122 contra os Toronto Raptors.
O 8 de febreiro de 2022, Alexander-Walker foi traspasado xunto a Josh Hart, Tomáš Satoranský, Didi Louzada e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022 ós Portland Trail Blazers a cambio de CJ McCollum, Larry Nance Jr. e Tony Snell. Un día máis tarde, Alexander-Walker foi traspasado de novo, desta vez ós Utah Jazz nun traspaso entre tres equipos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Toronto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves