Rafael José Orozco Maestre, nado en Cesar o 24 de marzo de 1954 e finado en Barranquilla o 11 de xuño de 1992, foi un cantautor colombiano de música Vallenato. É un dos grandes representantes da música popular colombiana.
Traxectoria
Rafael Orozco era o cantante de Luciano Poveda e a súa banda, pero só para a animación de festas privadas. Despois diso, tocou con Julio de la Ossa. Orozco gravou por primeira vez en 1975 co acordeonista Emilio Oviedo.
Rafael coñeceu a Israel Romero, un famoso acordeonista. Dous meses despois, Rafael Orozco Maestre e Israel Romero fundaron o grupo musical Binomio de Oro de América e recibiron 16 premios de ouro e 2 de platino.
Categoría:Músicos de Colombia Categoría:Cantantes de Colombia Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 1992