Unha pandeirada, ou cantar de pandeiro, é un canto de festa que se acompaña da percusión dos pandeiros. Cando se toca coas pandeiretas pode recibir tamén o nome de pandeiretada.
Características Os pandeiros, redondos ou cadrados, tocáronse copiosamente por toda a xeografía galega. Foron estes os principais instrumentos, até a aparición da pandeireta, cos que se cantaba e bailaba nas festas tradicionais da sociedade rural. Do nome do instrumento derivou o dos cantos de lecer que, a ritmo de muiñeira ou xota, se realizaban con el. Deste xeito xurdiu a denominación pandeirada, un termo que, nalgunhas zonas do país, chegou a facerse extensivo á propia festa, equivalente a foliada, serán, fiadeiro,etc, e noutras foi empregado como sinónimo de muiñeira vella ou ribeirá.
A finais do século XIX, os coros galegos emprenderon un traballo de posta en valor da música popular, levaron daquela a escenarios e estudios de gravación moitas pandeiradas, cantares e cantos de pandeiro. Nesta época de rexurdimento cultural, tamén algúns compositores de música culta empregaron o termo "pandeirada" para dar título as súas obras, o que contribuíu á súa popularización e ao seu paso á posteridade.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Pandeirada de Mens - Pandeireteiras de Mens (1986). - Ruada (TVG).
Categoría:Música de Galicia Categoría:Composicións musicais galegas Categoría:Música tradicional galega