A Comarca Naso Tjër Di é unha comarca indíxena de Panamá, que se atopa no extremo noroeste do país, a beiras do Río Teribe e adxacente á fronteira entre Costa Rica e Panamá. A comarca está habitada principalmente pola etnia naso, conformada por unhas 5000 persoas. Foi creada o 4 de decembro de 2020 e ten unha extensión de 1606,16 km², dos cales 1468,63 km² (un 91% do territorio) son áreas protexidas do Parque Internacional La Amistad e o bosque protector de Palo Seco.

Historia

O pobo naso, a través do seu rei, estivo reclamando nos últimos anos a conformación dunha comarca indíxena, ao ver que as demais etnias indíxenas en Panamá tiñan conformadas as súas, e tamén como unha forma de protexer a identidade cultural propia.

O 25 de outubro de 2018, a Asemblea Nacional de Panamá aprobou o proxecto de lei 656 que creaba a comarca; aínda que o presidente de Panamá daquelas, Juan Carlos Varela, vetouno o 14 de decembro do mesmo ano tomando en conta as preocupacións de sectores ambientalistas de que nunha zona protexida non podía erixirse unha comarca indíxena e que puidera estar en conflito cos artigos 4 e 120 da Constitución de Panamá.

O caso foi levado á Corte Suprema de Xustiza de Panamá, onde o 12 de novembro de 2020 emitiu un fallo indicando que o proxecto de lei non entraba en conflito coa Constitución e ademais agregou que o pobo naso é un dos sete pobos indíxenas que ancestralmente habitaron Panamá, dando luz verde á creación da comarca.

O 4 de decembro o presidente de Panamá vixente, Laurentino Cortizo Cohen, sancionou a Lei 188, permitindo así a creación da nova comarca.

División política

A capital da comarca é a comunidade de Sieyic, onde se encontra asentado o rei naso.

A comarca está conformada polo distrito especial Naso Tjër Di, e á súa vez dividido en tres correxementos: Teribe San San Drui Bonyik

Notas

Categoría:Comarcas indíxenas de Panamá