Enrique Omar Sívori, nado en San Nicolás de los Arroyos, Provincia de Buenos Aires, o 2 de outubro de 1935 e finado na mesma cidade o 17 de febreiro de 2005), foi un futbolista e adestrador ítalo-arxentino.
Biografía Debutou en River Plate no 1954, ós 17 anos de idade, onde gañou a Liga arxentina en 1955 e 1956. Xogou 63 encontros e anotou 28 goles.
En 1957 fichou pola Juventus da Serie A italiana pola cifra récord de 10 millóns de pesos arxentinos. Alí gañou tres títulos de Liga (1958, 1960 e 1961), dúas Copas de Italia (1959 e 1960) e foi o máximo anotador da Liga italiana (1960). Xogou 215 partidos e anotou 135 goles.
Ao obte-la dobre nacionalidade ítalo-arxentina puido gaña-lo Balón de Ouro coma mellor xogador europeo en 1961.
En 1965 foise ao SSC Napoli, no que ficou catro tempadas. Despois de retirarse dirixiu, entre outros, a Rosario Central, River Plate e á Selección arxentina.
Selección nacional
Foi internacional coas Selecciones arxentina e italiana. Pola escuadra arxentina xogou 18 encontros e anotou 9 goles, e tamén gañou a Copa América 1957. Pola selección italiana xogou 9 encontros, anotando 8 goles.
Clubs
River Plate - (Arxentina) - 1954-1957 Juventus FC - (Italia) - 1957-1965 SSC Napoli - (Italia) - 1965-1968
Títulos
Campionatos nacionais River Plate - (Arxentina) - 1955 River Plate - (Arxentina) - 1956 Juventus FC - (Italia) - 1957 Juventus FC - (Italia) - 1959 (Copa de Italia) Juventus FC - (Italia) - 1959 Juventus FC - (Italia) - 1960 (Copa de Italia) Juventus FC - (Italia) - 1960
Copas internacionais Selección nacional de fútbol da Arxentina - (Arxentina) - 1957 (Copa América)
Distincións individuais Máximo goleador da Liga italiana - 1959 Balón de Ouro - 1961 Galardoado coma un dos FIFA 100 - 2004
Participacións nos Mundiais Mundial de Fútbol Chile 1962 - (Italia) - 1962
Ligazóns externas Obituario y semblanza del jugador, por UEFA.com (en castelán).
Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Balón de Ouro Categoría:FIFA 100 Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962 Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do SSC Napoli Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do CA Rosario Central Categoría:Adestradores do CA River Plate Categoría:Adestradores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América