Cucumber é unha serie de televisión británica creada por Russell T Davies e retransmitida pola Channel 4 en 2015. Estivo en desenvolvemento dende o ano 2006 e anunciouse en novembro de 2013 que se ía complementar coas series Banana (da E4), e Tofu (da 4oD en formato de serie web). Os títulos das tres series proveñén dun estudo científico sobre a erección masculina que clasifica a dureza do pene nunha escala que se compón do tofu, banana pelada, banana e cogombro (de máis brando a máis duro). Despos de ler o estudo, Davies destacou que "daquela souben que xa tiña a miña historia".

Cucumber só ten unha tempada. Davies confirmou que a trama non continuaría nunha segunda tempada. A serie foi candidata aos Premios GLAAD.

Sinopse A serie explora a vida gay do século XXI, poñendo o foco en Henry Best (interpretado por Vincent Franklin), un home de mediana idade cuxa vida estábel e predecíbel desaparece após romper a súa relación co seu mozo dende hai nove anos, Lance Sullivan (interpretado por Cyril Nri). Terá que embarcarse nunha nova vida con regras que lle son descoñecidas.

Elenco Vincent Franklin como Henry Best Julie Hesmondhalgh como Cleo Whitaker Fisayo Akinade como Dean Monroe Freddie Fox como Freddie Baxter Ceallach Spellman como Adam Whitaker Eleanor Worthington-Cox como Molly Whitaker Cyril Nri como Lance Sullivan James Murray como Daniel Coltrane Anjli Mohindra como Veronica Chandra Con O'Neill como Cliff Costello (5 episodios) Letitia Wright como Vivienne Scott (4 episodios) Adjoa Andoh como Marie (3 episodios) Sharon Duncan-Brewster como Maureen (2 episodios) Phaldut Sharma como Leigh (2 episodios) Hannah John-Kamen como Violet (2 episodios) T'Nia Miller como Kay (2 episodios) Charlie Covell como Amy (2 episodios) Haruka Abe como Anna Miyagi (1 episodio) Ardal O'Hanlon como Brian McCoy (1 episodio) Edward MacLiam como Gregory (1 episodio) Steffan Rhodri como Don Baxter (1 episodio) Beth Goddard como Claire Baxter (1 episodio)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Cucumber na páxina da Channel 4.

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2015 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2015 Categoría:Series de televisión do Reino Unido