Cotovía (en ) é unha novela do escritor húngaro Dezső Kosztolányi. O libro foi orixinalmente publicado pola editorial Athenaeum en 1927, e en 2017 foi traducido ao galego por Sergio de la Ossa e publicada pola editorial Rinoceronte.

Argumento Ákos Vajkay e a súa muller viven na vila de Sárszeg xunto coa súa filla Cotovía, fea e solteirona. Un día Cotovía viaxa ao campo a visitar os seus tíos, aínda que ao principio lles causa tristura, os seus pais redescubren o teatro, os restaurantes e os xogos; unha vida en sociedade que tiñan esquecida por mor da rutina.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro na páxina de Rinoceronte Editora

Categoría:Obras literarias de 1927 Categoría:Obras literarias en húngaro Categoría:Obras traducidas do húngaro ao galego Categoría:Rinoceronte Editora