miniatura|250x250px|Bandeira do Xapón.

O é unha forma de nacionalismo que defende que os xaponeses conforman unha nación cunha única cultura inmutable, e promove a unidade cultural dos xaponeses. Abrangue unha ampla variedade de ideas e sentimentos cultivados polos xaponeses durante os últimos dous séculos en relación ao seu propio país, a súa cultura, política e destino histórico. Ademais, é preciso distinguir o nacionalismo cultural xaponés (nihonjinron) do nacionalismo político ou dirixido polo estado (estatismo no Xapón Shōwa), xa que moitas formas de nacionalismo cultural, como as asociadas a estudos folclóricos (Yanagita Kunio), foron hostís ao nacionalismo fomentado polo estado.

No período Meiji, a ideoloxía nacionalista consistía nunha mestura de filosofías políticas nativas e importadas, desenvolvidas inicialmente polo goberno Meiji para promover a unidade nacional e o patriotismo, primeiro como fórmula de defensa contra a colonización das potencias occidentais, e máis tarde nunha loita por acadar a igualdade coas potenciais mundiais. Evolucionou a través dos períodos Taishō e Shōwa para o incremento do totalitarismo no goberno e o expansionismo de ultramar, e proporcionou unha base política e ideolóxica para as accións do exército xaponés nos anos previos á segunda guerra mundial.

Véxase tamén

Bibliografía Behr, Edward. The Last Emperor , Bantam, 1987 Newman, Joseph. Goodbye Japan, Nova York, 1942 Moore, Frederick. With Japan's Leaders, Nova York, 1942 Whitney Hall, John. Japanese Empire, Vol.20, 1967. Emmott, Bill. "Japan's English Lessons" Foreign Policy, 140 (2004) Kase, Yuri. "Japan's Nonnuclear Weapons Policy on the Changing Security Environment" World Affairs, 165.3 (2003) Lincoln, Edward. "Japan: Using Power Narrowly" Washington Quarterly, 27.1 (Winter 2003/2004) Ozawa, Terutomo. "The New Economic Nationalism and the Japanese Disease": The Conundrum of Managed Economic Growth" Journal of Economic Issues, v30 (1996) Pyle, Kenneth B. The Japanese Question: Power and Purpose in a New Era, (Washington, D.C.)

Ligazóns externas Media Intimidation in Japan, A Close Encounter with Hard Japanese Nationalism

Categoría:Nacionalismo xaponés