Púnico ou Púnica pode referirse a:

O (ou a) natural de Fenicia, ou o pertencente ou relativo a esa antiga rexión do Oriente Medio.

O (o a) natural de Cartago, ou o pertencente ou relativo a esa antiga cidade e reino do norte de África. O púnico, unha lingua semítica falada no antigo imperio cartaxinés. Púnico, un caudillo lusitano que loitou contra os romanos. Punica, un xénero taxonómico botánico con 8 especies descritas de plantas con flores pertencente á familia Lythraceae. Punica, epopea do poeta latino Silio Itálico sobre a Segunda guerra púnica composto a finais do século I.

Ademais, pode facer referencia a:

Operación Púnica, nome dado a un operativo policial sobre unha trama de corrupción en varias provincias españolas.