María Castro Jato, nada en Vigo o 30 de novembro de 1981, é unha deportista, presentadora, modelo e actriz galega.
Traxectoria Campioa de Galicia de ximnasia rítmica deportiva en tódalas categorías, subcampioa de España na modalidade de pelota (1996), diplomada en Maxisterio por Educación Física e licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Traballou como modelo profesional e realizou cursos de danza moderna e contemporánea, dobraxe, esgrima actoral, clown e interpretación diante da cámara.
Fíxose popular en Galicia a raíz do seu papel na serie Pratos combinados. Máis tarde traballou no serial xuvenil de LaSexta SMS (2006) e a principios de 2008 converteuse nunha das protagonistas da serie Sin tetas no hay paraíso, en Telecinco, que lle reportou unha gran popularidade a nivel de España. Ademais, en 2008 foi elixida por Telecinco para retransmitir as badaladas de fin de ano xunto ó presentador Christian Gálvez.
Entre os seus traballos cinematográficos destacan os filmes galegos Días azuis e Os mortos van á présa.
O 16 de outubro de 2009 gañou o Premio Ondas, pola serie Sin tetas no hay paraíso. Actualmente participa na serie Tierra de Lobos, tamén en Telecinco.
Ademais, no 2008 tamén participou no videoclip de Melocos, "Fuiste tú". Un ano despois colaborou con Carlos Baute no videoclip da súa canción "Nada se compara a ti".
En marzo de 2013, fichou pola canle de televisión Antena 3 para protagonizar a serie Vive cantando onde dá vida á Trini e da que se emite os martes en horario de prime time.
Cinema Longametraxes La vida mancha (2003), de Enrique Urbizu - como Monitora. El blanco roto (2005), de Pere Gómez - como Lucía. Días azuis (2006), de Miguel Santesmases - como Estela. Os mortos van á présa (2008), de Ángel de la Cruz - como María.
Curtametraxes Os Piñeiro baixo cero (2005, Escola de Imaxe e Son de Vigo). Retrato (2005), producións Retrato, dirixido por Jairo Iglesias. Rosa dos ventos (2007), producións Retrato, dirixido por Jairo Iglesias - como Sara. La wikipeli 2: Miedo (2010), dirixido por Jaume Balagueró - Como Martina. Con Mario Casas e Macarena Gómez.
Dobraxe O soño dunha noite de San Xoán (2005) Pérez, o ratiño dos teus soños 2 (2008)
Teatro La ratonera (2010) de Agatha Christie; dirixida por Víctor Conde - como Mollie Ralston.
Videoclips "Nada se compara a ti" (2009), de Carlos Baute "Fuiste tú" (2006), de Melocos
Televisión Series Personaxes fixos Avenida de América (2002) - como Sara (TVG). Pratos combinados (2001-2006) - como Paula Barreiro (TVG). SMS (2006-2007) - como Lucía Jimeno (La Sexta). Sin tetas no hay paraíso (2008-2010) - como Jessica del Río (Telecinco). Tierra de lobos (2010- 2014) - como Elena (Telecinco). Vive cantando (2013-2014) - como Trini (Antena 3).
Personaxes episódicos O show dos Tonechos (2006) - TVG. Ellas y el sexo débil (2006) - Antena 3. Los Serrano (2006) - Telecinco. Rocío, casi madre (2007) - Canal Sur.
Miniseries Una bala para el Rey (2009). (Antena 3). Salgadura (2013). (TVG/TV3) Códice (2014). Como Natalia. (TVG).
Programas Grandes Musicais (1999) - TVG. Estreas TVG (2000) - TVG. Gala Especial de Noiteboa (2001) - TVG. Gala de Entrega dos Premios Álvaro Cunqueiro (2002) - TVG. Noites de verán (2002, 2003) - TVG. Gala Cutty Sark (2002) - TVG. Pillados (2005) - TVG. Curtocircuito (2005, 2006) - TVG. Arredemo (2007) - TVG. Campanadas 2009 (2008) - Telecinco.
Galardóns e nomeamentos Premio á Mellor Imaxe na XII edición de Imaxe, Salón de Peiteado e da Estética en Expourense 2008. Premio EñE da TV como Mellor interpretación femenina secundaria por Sin tetas no hay paraíso (2008). Premio Galego/a do mes do El Correo Gallego (novembro 2008). Candidata aos Premios Goya como Mellor actriz revelación pol' Os mortos van á présa (2008). Nomeada nos Mellores de Quidsweb como Mellor actriz por Sin tetas no hay paraíso (2008). Finalista nos Premios TP de Ouro como Mellor actriz por Sin tetas no hay paraíso (2008). Finalista nos Premios Fotogramas de Plata como Mellor actriz de TV por Sin tetas no hay paraíso (2008). Nomeada nos I Premios Pizquita Series como Mellor actriz por Sin tetas no hay paraíso (2008). Premio Carabela de Oro de Baiona"A actriz galega María Castro recibe a Carabela de Oro de Baiona", Faro de Vigo, 16 de agosto de 2009. (2009). Premio Ondas á Mellor intérprete feminina de ficción nacional por Sin tetas no hay paraísoMaría Castro gana el Premio Ondas 2009 (2009). Nomeada nos I Premios do Público TV como Mellor actriz secundaria de drama por Sin tetas no hay paraísoLista de nomeados aos Premios do Público TV 2009 (2009). Must! Awards como mellor interpretación femenina por Sin tetas no hay paraíso e La ratonera (2010). Nomeada nos I Premios del Público TV como Mellor actriz protagonista de drama por Sin tetas no hay paraíso''Lista de nomeados aos Premios do Público TV 2010 (2010).
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2005Mellor actriz secundariaPratos combinadosNomeada2007Mellor comunicadorArredemoNomeada2008Mellor actriz secundariaOs mortos van á présaNomeada
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Asociación de Actores, Directores e Técnicos da escena de Galicia María Castro en AVG
Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de Vigo Categoría:Modelos femininas de Galicia Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Ximnastas de Galicia Categoría:Vigueses distinguidos Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1981