dereita|miniatura|Victoria CF 2022-23. O Victoria Club de Fútbol é un club de fútbol galego, fundado na Coruña en 1943. Compite no Grupo Norte da Preferente Galicia.
Xoga cun equipamento de raias brancas e negras, motivo polo que os seus xogadores son alcumados "as cebras". O club é coñecido pola súa canteira, a maior de Galicia con preto de 30 equipos, da que teñen saído futbolistas como Amancio Amaro, Manín, Jaime Blanco, Moncho Parada, Lucas Pérez, Raúl Carnero ou Juan Carlos Real. Conta tamén con conxuntos femininos, militando o primeiro equipo na Primeira Nacional, terceira categoría do fútbol feminino en España.
Historia Foi fundado en febreiro de 1943 no barrio coruñés de Santa Lucía, sendo Luis Ríos o seu primeiro presidente. Entre os seus fundadores estaba o exfutbolista internacional e adestrador canario Hilario Marrero, figura histórica do Deportivo da Coruña, quen foi o responsable do nome e das cores do club, inspirados nun dos seus antigos clubs, o Real Club Victoria das Palmas de Gran Canaria.
O equipo realizou a súa presentación o 2 de abril de 1944, dirixido por Hilario, nun partido amigable contra o Centro Deportivo de Santa Lucía, gañando por 2-0. En 1955 o club trasladou a súa sede á Falperra. Ríos presidiu a entidade durante 35 anos, o que o converteu no seu momento no presidente dun club de fútbol de España con máis tempo no cargo. En 1978 subsituíuno o ex xogador do club, José María Panizo. miniatura|Amancio Amaro, xogador do club na década de 1950. Militou durante case medio século na liga de modestos da Coruña, alternando entre a primeira e a segunda división. Na tempada 1970/71 o capitán do equipo, Kubala, levantou por primeira e única vez na historia do club o trofeo da Primeira División, despois de perder pola mínima no partido decisivo contra o Español nun ateigado campo da Granxa, resultado que lle bastaba para gañar o título por diferenza de goles. O Victoria formou naquel encontro con Goloso, Juan, Quique, Tito, Suso (Cameselle I), Cameselle II, Lete, Pacuchín, Carreras, Kubala e Toñito. Adestraba o equipo Juan Miguel Solé, trala marcha de Luis Precedo, mentres que o dianteiro Enrique Carreras foi o máximo goleador do campionato. Dous meses despois o equipo proclamouse tamén campión galego de modestos, ao derrotar na final do Torneo de Campións ao Xuventude de Cambados por 2-0.
Na tempada 1992/93 pasou a competir na Terceira Autonómica de Galicia, na que militou tres tempadas antes de lograr o ascenso a Segunda. Despois de 13 tempadas nesa categoría, na 2008/09 ascendeu a Primeira Autonómica, e 11 anos despois conseguiu un novo ascenso, á Preferente Galicia, con Diego Armando García no banco. No seu debut na categoría, o equipo rematou terceiro do seu subgrupo, a só dous puntos dos postos de promoción de ascenso que ocuparon Sofán e Montañeros.
Ese terceiro posto na liga deulle acceso á fase de clasificación para a Copa do Rei 2021/22. Disputou primeiro unha previa territorial con equipos galegos dos outros subgrupos da Preferente, quedando encadrado nun grupo co Dubra e o Santaballés. Empatou co Dubra 2-2 e goleou 4-0 ao Santaballés, facéndose así co primeiro posto do grupo e pasando á eliminatoria final contra o Xuventude de Cambados. No partido, disputado no Estadio García Hermanos de Betanzos, comezou gañando o equipo cambadense, pero Edu puxo o empate e finalmente o Victoria logrou vencer na quenda de penaltis. Deste xeito accedeu á fase previa interterritorial, na que quedou emparellado co Hernani en busca dun posto na fase final da Copa do Rei. O histórico encontro, disputado o 17 de novembro de 2021 no Campo Rodrigo García Vizoso, rematou con vitoria coruñesa despois de que Iago Pérez marcase o único gol do partido e de que o gardameta Jano detivese un penalti nos minutos finais.
O sorteo deparou un enfrontamento contra o Villarreal, vixente campión da Europa League e participante na Liga de Campións. O partido disputouse no estadio de Riazor, fronte a uns 5.000 espectadores, e o Villarreal saltou ao terreo de xogo con varios xogadores internacionais ou que o foran no pasado, como Mario Gaspar, Paco Alcácer, Mandi, Estupiñán, Chukwueze, Alberto Moreno ou Gerard Moreno. O Victoria aguantou durante un cuarto de hora os ataques amarelos grazas ás paradas de Jano, pero acabou por recibir oito goles.
Datos do club Historial na liga +TempadaCategoríaPosto1944/452ª Modestos12º1945/462ª Modestos8º1946/472ª Modestos3º1947/482ª Modestos 10px1948/491ª Modestos3º1949/501ª Modestos4º1950/511ª Modestos8º1951/521ª Modestos5º1952/531ª Modestos 10px1953/542ª Modestos 10px1954/551ª Modestos 10px1955/562ª Modestos8º1956/572ª Modestos11º1957/582ª Modestos 10px1958/591ª Modestos 10px1959/602ª Modestos5º1960/612ª Modestos4º1961/622ª Modestos4º1962/632ª Modestos7º1963/642ª Modestos4º1964/652ª Modestos6ºTempadaCategoríaPosto1965/662ª Modestos6º1966/672ª Modestos 10px1967/681ª Modestos 10px1968/692ª Modestos 10px1969/701ª Modestos8º1970/711ª Modestos1º1971/721ª Modestos3º1972/731ª Modestos4º1973/741ª Modestos7º1974/751ª Modestos8º1975/761ª Modestos5º1976/771ª Modestos 10px1977/782ª Modestos 10px1978/791ª Modestos?1979/801ª Modestos?1980/811ª Modestos10º1981/821ª Modestos?1982/831ª Modestos?1983/841ª Modestos12º1984/851ª Modestos11º1985/861ª Modestos 10pxTempadaCategoríaPosto1986/872ª Modestos 10px1987/881ª Modestos?1988/891ª Modestos9º1989/901ª Modestos 10px1990/912ª Modestos 10px1991/921ª Modestos?1992/931ª Modestos?1993/943ª Galicia8º1994/953ª Galicia3º1995/963ª Galicia 10px1996/972ª Galicia6º1997/982ª Galicia5º1998/992ª Galicia11º1999/002ª Galicia9º2000/012ª Galicia6º2001/022ª Galicia7º2002/032ª Galicia2º2003/042ª Galicia2º2004/052ª Galicia7º2005/062ª Galicia2º2006/072ª Galicia2ºTempadaCategoríaPosto2007/082ª Galicia4º2008/092ª Galicia 10px2009/101ª Galicia7º2010/111ª Galicia9º2011/121ª Galicia15º2012/131ª Galicia7º2013/141ª Galicia2º2014/151ª Galicia3º2015/161ª Galicia7º2016/171ª Galicia5º2017/181ª Galicia3º2018/191ª Galicia2º2019/201ª Galicia 10px2020/21Preferente3º2021/22Preferente
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web oficial
Categoría:Equipos de fútbol da Coruña