miniatura|Mapa coa bandeira de Mongolia incluíndo as rexións históricas. miniatura|Concentracións de mongois (en vermello) dentro do Imperio Mongol (perfilado en laranxa).

O panmongolismo (en ) é unha ideoloxía irredentista que defende a solidariedade e a unidade cultural e política dos mongois. O territorio proposto, chamado "Gran Mongolia" (en ; Dayaar Mongol), normalmente inclúe o estado independente de Mongolia, as rexións chinesas de Mongolia Interior e Zungaria (en Xinjiang) e a República dos Buriatos, en Rusia. Ás veces tamén se inclúen a República dos Tuva, a República de Altai e partes do Krai de Zabaykalsky e o Óblast de Irkutsk. No ano 2006, todas as áreas da Gran Mongolia, agás o estado de Mongolia, tiñan maiorías non mongois.

O movemento nacionalista xurdiu no século XX como resposta ao colapso da dinastía Qing e á posibilidade dun estado mongol independente. Despois de que o Exército Vermello axudase a estabelecer a República Popular de Mongolia, a política exterior de Mongolia deu prioridade a buscar o recoñecemento da independencia fronte á expansión territorial. Despois de que a Revolución de Mongolia de 1990 acabase co goberno comunista en Mongolia, xurdiron unha serie de organizacións que promoven o panmongolismo, mais teñen pouco apoio popular.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nacionalismo mongol Categoría:Historia de Mongolia Categoría:Irredentismo