alt=Orientación da nave en diferentes posicións.|miniatura|Orientación da nave en diferentes posicións.|310x310px A Sonda solar Parker é un vehículo da NASA lanzado en 2018 cun foguete Delta IV, dentro do proxecto Parker Solar Probe, enviado para aproximarse en sucesivas órbitas, ata 24, á viciñanza do Sol.

Na súa décima pasada, o 21 de novembro de 2021, a sonda achegouse a uns 8,5 millóns de km do Sol, a unha velocidade de 165 km·s-1, despois dunha corrección de dirección ó paso pola viciñanza de Venus.

O 6 de novembro de 2024 achegouse á mínima distancia a Venus e o 24 de decembro de 2024 acadou a máxima aproximación ó Sol, a unha distancia de 6,5 millóns de km e unha velocidade duns 692 000 km·h-1 (191 km·s⁻¹, 0,064 % c). Esa distancia é equivalente a unhas catro veces o diámetro solar, implicando unha intensidade gravitacional debida ó Sol 500 veces maior que á que está exposta a Terra.

Composición da sonda A sonda leva instrumentos para medir o vento solar. Por métodos indirectos (o plasma xerado a partir dos choques coa sonda), pode inferir a cantidade de po na viciñanza do Sol, que é maior da esperada. A máis dos instrumentos, ten unha pantalla que os protexe do Sol, e un sistema de orientación para reorientarse de xeito autónomo, algo necesario debido a que os impactos do vento solar poden facer xirar a nave en tan só 30 s a pouco que se desequilibre, o que entre outros efectos causaría a destrución do instrumental. Asemade, hai períodos que non pode comunicarse coa Terra por mor de estar rodeado de potente radiación solar, equivalente a un forte berro fronte ó débil rumor que sería o sinal do aparello.

O proxecto, e polo tanto, a sonda, foi construída e é operada por APL (Aplied Physicis Laboratory, Laboratorio de Física Aplicada da NASA).

Notas

Véxase tamén

Cabo Cañaveral Delta IV Exploración espacial NASA Radiación solar Vento solar

Categoría:Astronáutica