Carolyn Steel, nada en Londres, é unha arquitecta, escritora e profesora británica. Preocúpase pola relación entre a alimentación e a cidade e o desenvolvemento das cidades. En 2008 publicouse o seu best-séller The Hungry City.
Traxectoria Formouse como arquitecta na Universidade de Cambridge completando esta en 1984. De 1995 a 1996 foi alumna da British School de Roma onde estudou a historia da cidade. Despois dos seus estudos comezou a traballar como arquitecta e combinou isto coa docencia e a escritura. Ensinou na London School of Economics, na Universidade de Cambridge e na London Metropolitan University. En 1989 uniuse a Kilburn Nightingale Architects, un despacho de arquitectura do que finalmente chegou a ser directora.
En 2008 publicou o libro The Hungry City. Con el gañou o premio Jerwood da Royal Society of Literature de non ficción. O libro describe, entre outras cousas, como os fluxos de alimentos entraron en Londres e como se desenvolveron co paso do tempo. Critica a forma actual na que se manexan os alimentos e indica que hai que facer as cousas doutro xeito. Tamén afirma que a comida barata non existe. No último capítulo fala da cidade ecolóxica chinesa Dongtan. Nese capítulo introduce o concepto de sitopía (do grego sitos, comida, e topos, lugar) querendo asentar que todo o que nos rodea como os nosos corpos, os hábitos, as casas, o espazo ou o clima, están definidos por aquilo que comemos. O seu libro describe a industria alimentaria como o xogo do mercado globalizador.
En 2010 converteuse en profesora convidada na Universidade de Wageningen. Ao ano seguinte publicouse a tradución ao holandés do seu libro Hungry City.
Foi presentadora do programa de televisión One Foot in the Past. Tamén foi editora da revista Building designe.
Participou nos encontros "Carta de Santiago" en Santiago de Compostela en 2021.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web Charla TED: Carolyn Steel: How food shapes our cities (en inglés), xullo de 2009
Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Arquitectos do Reino Unido Categoría:Nados en Londres Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge