Friedrich von Kenner, nado en Linz o 15 de xullo de 1834 e finado en Viena o 28 de novembro de 1922, foi un arqueólogo e numismático austríaco especializado na moeda romana, vinculado ao Gabinete Numismático de Viena.
Traxectoria Friedrich Kenner naceu o 15 de xullo de 1834 na vivenda familiar da rúa Klostergasse de Linz, nunha familia con vinculacións artísticas. Era o oitavo dos nove fillos de Anna Kreil (nada en 1803) e de Joseph Kenner (1794-1868) un alto funcionario imperial coñecido como o poeta da Alta Austria.Postel, R. (1977).ÖBL (1965). "Kenner, Joseph (1794-1868), Schriftsteller".Hauser, P. (1984). Páxinas 203-204, 208 . Do seu pai herdou o interese pola numismática, xa que este foi o encargado da colección de moedas da Asociación de Museos da Alta Austria, da que era secretario.Hauser, P. (1984). Páxinas 203-204 .
Logo de estudar na Escola de Secundaria de Linz, en 1853 comezou os a súa formación superior de Historia e Estudos Clásicos na Universidade de Viena, onde acadou o doutoramento en 1858.Hauser, P. (1984). Páxina 204 .ÖBL (1965). "Kenner, Friedrich von (1834-1922), Archäologe"
En 1854 comezou a traballar como colaborador no Gabinete Imperial de Moedas e Antigüidades de Viena e alí permaneceu ata a súa xubilación en 1899. En 1854 foi nomeado asistente científico, en 1862 conservador e en 1883 asumiu o cargo de director do Gabinete, logo do falecemento do seu antecesor, Eduard Freiherr von Sacken.Hauser, P. (1984). Páxina 206 .
Kenners realizou diversas viaxes por Italia, Francia e Alemaña que foron de particular importancia na súa formación como arqueólogo.
Os centros de interese de Kenners foron a moeda da Antiga Roma e a investigación dos solos nas zonas de Viena e a Baixa Austria. Foi impulsor do Museo Vindobonense e da exploración do Limes austríaco. As súas numerosas publicacións documentan os achados romanos no solo vienés.
Entre outras entidades asociativas e académicas, en 1864 ingresou na Academia Austríaca de Ciencias como membro correspondente e en 1872 como membro pleno. En 1870 pasou a formar parte tamén da Academia de Belas Artes de Viena. Así mesmo, foi membro do Instituto Arqueolóxico Alemán e da Comisión Central de Arte e Monumentos Históricos. Kenner foi un dos fundadores da Sociedade Numismática Austríaca; entre 1870 e 1919 formou parte da súa xunta directiva e a partir dese ano foi nomeado membro honorario.Koch, B. (1970). "Festschrift 100 Jahre Österreichische Numismatische Gesellschaft. 1870-1970". En Numismatische Zeitschrift. 84/85."Österreichische Numismatische Gesellschaft". Wien Geschichte Wiki.
En 1899, con motivo da súa xubilación e dos 30 anos de pertenza, a Sociedade Numismática de Viena honrouno cunha medalla-placa co seu busto e a súa data de nacemento, coa lenda DIE NUMISMATISCHE / GESELLSCHAFT IN WIEN / IHREM VEREHRTEN / MITGLIEDE ("A Sociedade Numismática de Viena ao seu honorable membro)". A placa está asinada polo medallista Rudolf Marschall.Krmnicek, S.; Gaidys, M. (2020). "Kat. 23 Friedrich Kenner". En Gelehrtenbilder. Altertumswissenschaftler auf Medaillen des 19. Jahrhunderts. Universität Tübingen. Páxina 64"Marschall, Rudolf: Friedrich Kenner". Digitale Münzkabinett des Instituts für Klassische Archäologie. Universität Tübingen.Von Wurzbach-Tannenberg, W. R. (1943). Katalog meiner Sammlung von Medaillen, Plaketten und Jetons. Nº 4594.Hauser, P. (1984). Páxinas 206-207 .
Logo da súa xubilación como director do Gabinete de Moedas e Antigüidades de Viena, esta institución dividiuse en tres seccións: unha para a colección de antigüidades clásicas, outra para a de moeda antiga, que pasou a estar dirixida por Wilhelm Kubitschek, e outra para a de moeda medieval e moderna, na que foi sucedido por Karl Domanig.Hauser, P. (1984). Páxina 207 .
Vida persoal miniatura|299x299px|Tumba de Friedrich von Kenner no cemiterio central de Viena."Dr. Friedrich Edler von Kenner". http://www.viennatouristguide.at/
Kenner casou o 2 de xullo de 1877 cunha curmá súa, Josefa Magdalena Hassler von Ostfeld-Kreil (1852-1913), na capela do vicariato de St. Georgen im Attergau, e non tivo descendencia.Hauser, P. (1984). Páxinas 206, 207, 208 .
Faleceu na súa residencia da rúa Traungasse, en Viena, o 28 de novembro de 1922, e foi soterrado no cemiterio central da cidade.
Recoñecementos
Honras 1873: Cruz de Cabaleiro da Orde de Francisco Xosé. 1888: Cruz da Orde da Coroa de Ferro (3ª clase). 1891: Nomeado Conselleiro Imperial e do Goberno Real. 1899: Cruz de Cabaleiro da Orde de San Leopoldo. 1908: Condición de nobreza hereditaria, co título de "Edler". 1925: Denominación da rúa Kennergasse en Viena."Kennergasse 10: Der Name ". Stadt Wien. Wiener Wohnen. 1958: Denominación da rúa Kennerwegs en Linz."Kennerweg ". Stadtgeschichte Linz.
Premios 1902: Dobre medalla de ouro Salvatormedaille. 1910: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos máis salientables publicados por Friedrich Edler von Kenner ao longo da súa carreira."Kenner, Friedrich 1834-1922 ". Digital Library Numis."Kenner, Friedrich". WorldCat Identities.
Monografías (1864). Joseph Ritter von Arneth. Eine biographische Skizze. Viena. (1864). Uebersicht der Sammlungen des k. k. Münz- und Antiken-Cabinets. Viena. (1866). Die antiken Sculpturwerke und Inschriftsteine des K. K. Münz- und Antiken-Cabinetes. Braumüller, Viena. (1866). Die Sammlungen des K. K. Münz- und Antiken-Cabinetes. Braumüller, Viena. (1868). Verzeichniss der ägyptischen Alterthümer des k. k. Münz- und Antiken-Kabinetes. Sommer, Viena. (1871). Die Münzsammlung des Stiftes St. Florian in Ober-Oesterreich. Braumüller, Viena. (1871). Joseph Hilarius von Eckhel. Gesellschaft, Viena. (1872). Über die römische reichsstrasse von Virunum nach Ovilaba und über die ausgrabungen in Windisch-Garsten. Gerold, Viena. (1875). Inschriften aus der Vardarschlucht. Gerold, Viena. (1900). Bericht über römische Funde in Wien in den Jahren 1896 bis 1900. Hof- und Staatsdruckerei, Viena. (1903). Der Altertums-Verein zu Wien (1853-1903). Festvortrag zu seinem 50-jährigen Jubiläum. Brzezowsky, Viena.
Artigos (1870). "Noricum und Pannonia [..]. ". En Berichte und Mittheilungen des Alterthums-Vereines zu Wien. Vol. 11. Páxinas 1-146. (1886). "Moneta Augusti". En Numismatische Zeitschrift. Vol. 18. Österreichische Numismatische Gesellschaft, Viena Páxinas 7-42. (1889). "Il medaglione romano". En Rivista italiana di numismatica, 1889. Società numismatica italiana. Páxinas 83-286. (1893-1897). "Die Porträtsammlung des Erzherzogs Ferdinand von Tirol". En Jahrbuch der Kunsthistorischen Sammlungen des Allerhöchsten Kaiserhauses. Vol. 14-1 (1893), páxinas 37-186; Vol. 15-1 (1894), páxinas 147-259; Vol. 17-1 (1896), páxinas 101-274; Vol. 18-1 (1897), páxinas 135-216. (1904). "Römische Funde in Wien aus den Jahren 1901 bis 1903". En Jahrbuch der K. K. Zentral-Kommission für Erforschung und Erhaltung der Kunst- und historischen Denkmale. Vol. 2-1. Páxinas 103-170.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Hauser, P. (1984). "Zum 150. Geburtstag des numismatikers Dr. Friedrich Kenner". En Jahrbuch des Oberösterreichischen Musealvereines. Vol.129a. Páxinas 203-210. Krackowizer, F.; Berger, F. (1931). "Kenner, Friedrich". En Biographisches Lexikon des Landes Österreich ob der Enns [...]. Institut für Ostbairische Heimatforschung. Páxina 150. ÖBL (1965). "Kenner, Friedrich von (1834-1922), Archäologe". Österreichisches Biographisches Lexikon 1815-1950 (ÖBL). Tomo III (1965). Páxina 295 Postel, R. (1977). "Kenner, Friedrich von". En Neue Deutsche Biographie (NDB). Tomo 11. Duncker & Humblot, Berlín. Páxina 493-494. ISBN 3-428-00192-3. Von Wurzbach, C. (1864). "Kenner, Friedrich". En Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich. Tomo 11. Viena. Páxinas 166-167.
Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Nados en Linz Categoría:Arqueólogos de Austria Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán