Xisela, nada arredor de 819/822 e finada despois de 874, era filla do emperador Lois I o Piadoso e de Xudite de Baviera. Seu pai deulle en 836 o dominio real de Annapes.
Ascendencia
Matrimonio e descendencia Xisela casou, probabelmente ao redor do 836, con Eberardo, marqués de Friúl, co que tivo dez fillos:
Eberar (837 e finado despois do 20 de xuño de 840). Inxeltruda de Friúl (c. 836 - 867) esposa de Henrique (830 - 886), marqués de Neustria. Unroch III de Friúl (c. 840 - 874) esposo de Eva de Tours. Berengario I de Friúl (c. 843 - 924 ) marido de Berta de Spoleto, elixido rei dos longobardos en Pavia en 888, e emperador romano xermánico en 915. Adahardo (finado despois do 1 de xullo de 874). Abade da abadía de Sainte-Calixte de Cysoing. Raúl (finado o 1 de maio de 892 ). Abade laico da abadía de Sainte-Calixte de Cysoing e da abadía de Saint-Vaast de Arras. En 883 o rei Carlomán II de Francia deulle o Artois e o Ternois que foron recollidos á súa morte polo conde Balduíno II de Flandres. Alpais, morreu nova e foi enterrada na abadía de Sainte-Calixte de Cysoing. Heilwida de Friúl (c. 855 - c. 895) que casou sobre 874 con Hucaldo ou Hucbaldo de Ostrevant (850 - 890) e máis tarde quizais con Roxerio I de Laon (c. 867 - 926), conde de Laon. Xisela (finada sobre 863). Monxa na abadía de Saint-Sauveur de Brescia. Xudite de Friúl (863 - 881) que casou con Conrado II de Borgoña, conde de Auxerre e duque de Borgoña Transxurana de 859 a 864.
Eberardo e Xisela fundaron a abadía de Sainte-Calixte de Cysoing.
Eberardo de Friúl, cuxo corpo foi traído de Italia polo seu fillo e a súa muller Xisela, foron enterrados nunha cripta. Notas
Véxase tamén Bibliografía Christian Settipani, La Préhistoire des Capétiens (Nouvelle histoire généalogique de l'auguste maison de France, vol. 1), ed. Patrick van Kerrebrouck, 1993 ( )
Categoría:Pobo francés Categoría:Carolinxios Categoría:Finados no século IX Categoría:nados no seculo IX