miniatura|240px|Sciurus vulgaris Sciurus é un xénero de mamíferos da orde dos roedores, suborde dos esciuromorfos, familia dos esciúridos, subfamilia dos esciurinos (en latín, Sciurinae) e tribo do mesmo nome (en latín, Sciurini).
É o xénero tipo da suborde, a familia, a subfamilia e o tribo.
Comprende á maioría dos esquíos denominados vulgarmente esquíos arborícolas de Europa, zonas temperadas de Asia, Norteamérica, Centroamérica e Suramérica.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na páxina 63 do Tomo 1º do seu Systema Naturae (10ª edición).Sciurus Linnaeus, 1758
Etimoloxía Linneo tomou o nome do grego antigo σκίουρος skíouros (latinizado scĭūrus), que significa "esquío".Charlton T. Lewis & Charles Short: A Latin Dictionary (on line). O temo grego deriva de σκιά skiá, "sombra" + οὐρά ourá, "cola de animal" (aludindo quizais a que estes animais poden poñerse "á sombra da súa cola").
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o protónimo de Linneo, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:
Aphrontis Schultze, 1893 Araeosciurus Nelson, 1899 Baiosciurus Nelson, 1899</small> Echinosciurus Trouessart, 1880 Histriosciurus J. A. Allen, 1915 Leptosciurus J. A. Allen, 1915 Macroxus F. Cuvier, 1823 Mesosciurus J. A. Allen, 1915 Neosciurus Trouessart, 1880 Oreosciurus Ognev, 1935 Parasciurus Trouessart, 1880 Simosciurus J. A. Allen, 1915
Subxéneros Recoñécense os subxéneros seguintes: Sciurus Otosciurus Guerlinguetus Tenes Hadrosciurus Hesperosciurus Urosciurus
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McKenna, M. C. & S. K. Bell (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. New York City: Columbia University Press. ISBN 0-2311-1012-X. Nowak, R. M. editor (1991): Walker's Mammals of the World. Fifth Edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X. Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Roedores Esciuromorfos Esciúridos Esciurinos Sciurini
Categoría:Sciurus