miniatura|270px|Joel Asaph Allen en 1920 Joel Asaph Allen, nado o 19 de xullo de 1838 en Springfield, Massachusetts, e finado o 29 de agosto de 1921 en Nova York, foi un zoólogo estadounidense.

Traxectoria Allen estudou na Universidade Harvard baixo a dirección de Louis Agassiz. Participou nunha expedición ao Brasil e en varias outras polo interior dos Estados Unidos.

En 1873 estivo á fronte dos naturalistas da expedición da North Pacific Railroad desde Bismarck, Dakota do Norte, a Yellowstone para a Smithsonian Institution."Allen, Joel Asaph". En: Ilse Jahn (2004): Geschichte der Biologie. Theorien, Methoden, Institutionen, Kurzbiographien. Hamburgo: Nikol VG Spektrum. ISBN 3-9378-7201-9.​

En 1877 postulou a regra de Allen, que o fixo famoso en bioloxía.

Allen foi o primeiro conservador de aves e mamíferos do Museo Americano de Historia Natural (American Museum of Natural History), de 1885 en adiante e, posteriormente, foi o primeiro director do seu Departamento de Ornitoloxía.

En 1886 foi un dos primeiros en incorporarse á Audubon Society, de Nova York.

Ademais tamén foi membro da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias, da Sociedade Filosófica Estadounidense e da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.

Algunhas obras Mammals and Winter Birds of Eastern Florida, 1871 The American Bisons, 1876 Monographs of North American Rodentia (con Elliott Coues), 1877 History of North American Pinnipedia, 1880 Mammals of Patagonia, 1905 The Influence of Physical Conditions in the Genesis of Species, 1905 Ontogenetic and Other Variations in Musk-Oxen, 1913

Abreviatura A abreviatura J. A. Allen emprégase para recoñeer a Joel Asaph Allen como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Massachusetts Categoría:Nados en 1838 Categoría:Finados en 1921