Stirling (en , e en ) é unha pequena cidade no centro de Escocia, e que se atopa entre a Terra Alta e a Terra Baixa de Escocia. É unha vila antiga, formada ao redor dun importante castelo histórico, e que ten memoria dende a Idade Media. É ademais un centro administrativo, universitario, comercial e da industria lixeira. No censo do 2001 tiña 45.115 habitantes.
Noutro tempo capital do reino de Escocia, Stirling levou o nome de "vila real" ata o ano 2002, cando, co gallo das festas xubilares da raíña Sabela II, lle acordaron o estado de "cidade".
Historia Habitada dende a Idade de Pedra, Stirling foi estratexicamente importante dende polo menos a invasión romana da Britania, en gran parte grazas ao seu outeiro doado de defender e á súa posición á beira do río Forth. Isto trouxo riquezas e poder a Stirling, e foi nomeada burgo real no século XII polo Rei David I de Escocia. Naqueles tempos a cidade chamábase Strivelyn. Grandes batallas tiveron lugar en Stirling debido ao longo conflito entre Escocia e Inglaterra (ver Batalla da ponte de Stirling).
A igrexa da Holy Rude (Santa Cruz) atópase ao carón do castelo de Stirling, e é unha das edificacións de maior importancia histórica na cidade. A igrexa foi construída a finais do século XV, e constitúe a única igrexa no Reino Unido, xunto coa Abadía de Westminster, onde se celebrou un coroamento: o 29 de xullo de 1567, sendo aínda un bebé, o fillo de María, raíña dos escoceses, foi coroado Xaime VI de Escocia. Hoxe en día aínda poden apreciarse as pegadas das balas das tropas de Oliver Cromwell na torre e na ábsida.
As fortificacións continuaron sendo militarmente estratéxicas durante as protestas xacobitas no século XVIII. En 1715, o Duque de Mar fallou no seu intento de tomar control do castelo. En xaneiro de 1746, o exército de Carlos III de Inglaterra e Escocia tomou a vila mais non puido conquistar o castelo. Durante a retirada cara ao norte, bombardeou a igrexa de St. Ninians, onde se almacenaban as municións; só unha torre sobreviviu o ataque e aínda pode verse hoxe en día.
Administración A división administrativa de Stirling divídese no centro histórico ou Top of the Town, na que se sitúa o Castelo e a zona máis turística, e 39 áreas ou distritos:
Distritos Abbey Craig Airthrey Allan Park Bannockburn Borestone Braehead Broomridge Burghmuir Cambusbarron Cambuskenneth Causewayhead Chartershall Corn Exchange Cornton Coxethill Craigmill Craig Leith Cultenhove Forthbank Gillies Hill Gowan Hill Hillpark Kenningknowes Kildean King's Park Laurelhill Livilands Loanhead Mercat Cross Raploch Randolphfield Riverside Spittal Hill Springkerse St. Ninians Torbrex Whins of Milton Viewforth Wolfcraig
Cidades irmandadas Villeneuve-d'Ascq Dunedin Obuda Summerside
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades e vilas de Escocia